ENSINO: Concurso de méritos – convocatoria

Publicada a convocatoria do CONCURSO DE MÉRITOS

Publicada no día de hoxe a Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso á función docente, mediante o concurso de méritos.

👉https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221028/AnuncioG0655-201022-0003_gl.html

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles a partir do luns.

BAREMO:
Experiencia docente: máximo 7 puntos (terase en conta como máximo 10 anos)
Formación académica: máximo 3 puntos
Outros méritos: máximo 5 puntos

A ter en conta:

– Tal e como figura na base vixésima, ao non realizarse ningunha proba, o persoal que se presente non accederá a listas de substitución.

– No anexo II (onde figura a baremación do concurso) no epígrafe 2.4.b) relativa aos certificados de nivel avanzado da EOI valoraranse as certificacións C1 e C2

 

Scroll al inicio