Por que elixir nós oposicións

ESPECIALIZADOS NA FORMACIÓN DE OPOSITORES/AS DENDE 2004

O noso xeito de actuar está fundamentado nun traballo que pretende ser serio, rigoroso, continuo, e levado a cabo por profesionais da máxima solvencia, tanto na preparación de oposicións como no coñecemento da realidade profesional no que desempeñan o seu labor.A nosas actuacións e xeito de actuar están fundamentadas nos seguintes principios:

Planificación rigorosa da oposición. Por elo a comezo de curso entregaremosche un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición, datas de realización dos simulacros, tempo adicado ó repaso xeral das distintas partes…

Preparadores/as con ampla experiencia e máxima solvencia na preparación de opositores e con experiencia en centros educativos, sanitarios ou da administración autonómica dependendo da oposición de que se trate.

Elaboración de temarios propios actualizados cada curso, con referencias lexislativas do noso contexto galego e implicacións prácticas.

Preparación específica das distintas probas de que consta a oposición durante as clases.

Simulacros en tempo real de todas as probas da oposición, o que permite adquirir unhas habilidades fundamentais ó opositor para afrontar con garantías os exames reais.

Horarios flexibles e que se adaptan ás necesidades do alumnado.

Organización das clases dinámica, traballo individual, en pequenos grupos, postas en comúns, exposicións orais, probas escritas…

E porque cremos no traballo que levamos a cabo, ofrecemosche DÚAS CLASES DE PROBA SEN NINGUN COMPROMISO. Se transcurridas esas clases a nosa preparación non te convence ou non se adapta ao que estás buscando non terás nada que pagar. Só se decides continuar coa preparación aboarás as clases recibidas.
Scroll al inicio