Por qué elixir nós oposicións para preparar unha oposición de educación?

POR QUÉ OS OPOSITORES CONFIAN EN NÓS OPOSICIÓNS?

POLO NOSO COMPROMISO, TRABALLO E EXPERIENCIA.

QUE CHE OFRECEMOS EN NÓS OPOSICIÓNS?

O NECESARIO PARA PREPARAR A OPOSICIÓN: TEMARIO, PRÁCTICOS E PROGRAMACIÓN

  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados cada curso, con referencias lexislativas do noso contexto galego e implicacións prácticas.
  • PRÁCTICOS: Para preparar a proba práctica, que é unha parte esencial para superar a oposición, dispoñemos de material específico baseándonos nos casos prácticos de convocatorias realizadas en Galicia.
  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, tendo superada a oposición. Igualmente en moitos casos foron membros de Tribunais de oposición.
  • PERSOAL COACHING: Así mesmo contamos co apoio de profesionais para perfeccionar a preparación das distintas probas, como un persoal coaching para a preparación da exposición oral, especialistas en lexislación educativa, en programacións didácticas, presentación de experiencias e proxectos docentes innovadores para favorecer a elaboración de Unidades Didácticas …

ORGANIZACIÓN DA PREPARACIÓN:

  • CLASES:  Teñen un carácter intensivo de duración 4.30 horas aproximadamente e son unha vez á semana, ben en horario semanal de tarde ou os sábados en horario de mañá.
  • TRABALLO CO GRUPO: O grupo máximo é de 25 alumnos e en cada sesión semanal traballaranse todos os apartados da oposición de forma dinámica e participativa: explicación do temario por parte do preparador/a, aclaración de dúbidas, elaboración da Programación didáctica e preparación da súa defensa con exposicións aleatorias do alumnado, elaboración das Unidades didácticas, e todo o relacionado coa lexislación e a organización de centros.
  • SIMULACROS: Periodicamente realizaranse simulacros das distintas probas de que consta a oposición. Comprometémonos a que polo menos unha vez durante a preparación se realice un simulacro cun tribunal composto por docentes en activo nos centros educativos de Galicia, para desta forma poder “vivenciar” e polo tanto aprender dunha proba á que o opositor/a vai ter que enfrontarse durante a oposición. (Este simulacro soe facerse sobre Semana Santa).
  • PLANIFICACIÓN:  A comezo de curso entregarémosche un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición, datas de realización dos simulacros…
  • AVALIACIÓN DO RENDEMENTO:  A través das clases e dos distintos simulacros, farase un seguimento personalizado de cada alumno/a obtendo así un maior rendemento de cada opositor.
  • MATERIAL COMPLEMENTARIO:Entrega de referencias bibliográficas, documentos complementarios e traballo de situacións reais que se viven nos centros  educativos o que permite coñecer ao opositor cal é a realidade na que se vai a desenvolver e sobre a que se vai a examinar.

FORMACIÓN ON LINE

  • En moitas das especialidades a formación compleméntase con materiais e exercicios de traballo a través da nosa plataforma on line.
  • Así mesmo, en algunhas especialidades dispoñemos dunha preparación exclusivamente on line para aquelas persoas que non poden asistir presencialmente.

CONDICIÓNS

  • COMPROMISO: A seguridade no noso traballo e compromiso co alumnado lévanos a que asinemos un “contrato” no momento en que o opositor/a comece a preparación, no que nos comprometemos a levar a cabo o que publicitamos.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a dúas clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas dúas clases.
  • MATRÍCULA GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 31 de xullo de 2019, terá matrícula gratuíta.

DATOS PARA A REFLEXIÓN E A TOMA DE DECISIÓNS:

  • O feito de óbter unha praza nun proceso selectivo da Administración asegúrache un futuro laboral estable.
  • Dache a posibilidade de poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal
  • Permíteche contribuir co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.
  • Nos próximos anos necesitaranse máis de 50000 docentes en España

PERO TEN EN CONTA QUE:

 “Preparar unha oposición é unha tarefa dificil complexa e longa, para a cal tes que estar comprometido e concienciado e onde en moitas ocasións vaste poñer ao límite das túas posibilidades.

Pero con traballo e esforzo máis tarde ou máis cedo o éxito chega e ese instante permanecerá inexquecible na túa memoria coma unha experiencia vital de loita, superación e satisfacción.”

NÓS PRÓXIMOS ANOS PRECISARANSE 50000 DOCENTES. APROVEITA A OPORTUNIDADE.

Scroll al inicio