Correos abre o prazo de inscrición para 3.381 postos de persoal laboral fixo.

• As persoas interesadas teñen de prazo ata o 2 de decembro, ás 23:59 horas, para inscribirse a través da páxina web corporativa de CORREOS (www.correos.com)

Correos abriu o prazo de inscrición para cubrir 3.381 postos de persoal laboral fixo en categorías operativas. Os interesados poden inscribirse desde o 23 de novembro, ata as 23:59 horas do 1 de decembro, a través da web corporativa de Correos https://www.correos.com/personas-e-talento/#convocatorias-publicas.

Este proceso supón a oferta de 3.381 postos de persoal laboral fixo, para desempeñar funcións de reparto de envíos, tarefas loxísticas e atención ao cliente en oficinas. É unha convocatoria conxunta que inclúe os postos correspondentes ás taxas de reposición aprobadas para o ano 2019 (1.381 postos), así como 2.000 postos dos contemplados no plan de estabilización de emprego temporal 2018-2020 asinado coas organizacións sindicais CCOO, UXT, CSIF e Sindicato Libre.

En concreto, 2.356 para tarefas de repartición, 505 para axente de clasificación e 520 para atención ao cliente en oficinas.

 

Emprego en todas as provincias.

Dada a implantación nacional e capilaridade de Correos, os 3.381 postos están distribuídos por todo o país.

Co obxectivo de levar a cabo un proceso o máis intuitivo posible, e no marco do compromiso de transparencia da compañía, as bases que rexen este proceso xa están dispoñibles na páxina web de Correos (máis información en https://www.correos.com/personas-y-talento/). Desde o seu comezo, este proceso levouse a cabo garantindo os principios de publicidade, mérito, capacidade e igualdade de trato a mulleres e homes.

Con esta convocatoria refórzase a marca Correos como empregadora de calidade e a aposta da compañía polo emprego estable e o desenvolvemento profesional dos seus empregados e empregadas. Así mesmo, garántese un marco estable de relacións laborais e poténciase o talento como acelerador do cambio que se está producindo na empresa #ante os novos retos e as demandas dos seus clientes.

 

Instrucións:
https://cswetwebcorsta01.blob.core.windows.net/uploads/2020/11/Inscribete-en-cuatro-pasos_2019.pdf

Rexistro online:
https://ingresopersonallaboralindefinido.correos.es/User/Login?ReturnUrl=%2f

 

 

 

Toda a información relativa a este proceso pódese consultar na web de Correos:

https://www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas

Scroll al inicio