Publicada a Oferta de Emprego Público 2020 da Administración do Estado

| Convocatorias |

No BOE do 29 de outubro publicouse a Oferta de Emprego Público do 2020 pertencente á Administración do Estado. Nesta Oferta contemplanse máis de 9000 prazas de distintos corpos e especialiadades.

Podes consulta a Oferta aquí.

Esta é unha excelente oportunidade que che permitirá:

  • Asegurarte un futuro laboral estable.
  • Poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal.
  • Contribuir co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.

En Nós Oposicións ao longo dos meses de novembro e decembro comezaremos a preparación de distintas especialidades. A preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores. Para que o poidas comprobar ofrecemosche duas clases de proba e senon te convencen non terías nada que aboar por elas.

 

ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO ACCESO LIBRE

 

ESPECIALIDADE NÚMERO DE PRAZAS DE ACCESO LIBRE
AXUDANTES DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS. (C1) 900
AXENTES FACENDA PÚBLICA. (C1) 380
XERAL ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO. (C1) 787
XERAL AUXILIAR DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO. (C2) 592

 

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
ESPECILIDADE  PRAZAS
CORPO DE XESTIÓN PROCESAL E ADMINISTRATIVA. 355
CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESAL E ADMINISTRATIVA. 392
AUXILIO XUDICIAL. 199

 

Infórmate sen compromiso en calquera dos nosos centros e se te matriculas antes do 30 de novembro terás matrícula gratuita.