Publicada a Convocatoria de Mestres e Secundaria 2019.

No DOG do 08 de marzo publicouse a convocatoria dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consulta aquí a convocatoria.

Como novidades mais destacadas sinalar:

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

Non será necesario achegar nin a titulación alegada nin a acreditación da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixesen nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional desde a Orde do 17 de marzo de 2014 sempre que a persoa interesada outorgue o seu consentimento.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Prazo de presentación de solicitudes. 

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Acreditación do coñecemento do galego

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán para o galego.

O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019 ás 9.00 horas.

A orde de actuación do persoal aspirante iniciarase alfabeticamente por quen teña como inicial do primeiro apelido a letra Q .

 

Scroll al inicio