Prazos para matricularse nas oposicións de Mestres, Secundaria e F.P.

| Convocatorias | ,

Tal e como sabedes hai decretado o Estado de Alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, aprobado polo Real Decreto 463/2020, publicado o 14 de marzo no BOE.

Entre as moitas disposicións e regulacións que establece este Real Decreto figura na disposición adicional terceira a Suspensión de prazos administrativos.

Indícase o seguinte:

1. Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

2. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Con esta medida, queda interrompida a matrícula para os procesos selectivos (oposición) de Educación que se abrira o venres 13.

Esta matrícula volverá a abrirse no momento en que se dea por finalizado o estado de alarma, que agardemos sexa á maior brevidade posible.