Cronograma 2021 exames SERGAS.

| Convocatorias |

O Servizo Galego de Saúde presentou ás organizacións sindicais representadas en Mesa sectorial o calendario de próximas convocatorias e exames de oferta pública de emprego, no transcurso dunha xuntanza.

Así mesmo, a Mesa sectorial de Sanidade,  acordou de forma unánime sumar ás 490 prazas de persoal licenciado sanitario convocadas en decembro de pasado ano, 506 novas prazas derivadas da oferta de emprego público do ano 2020, recentemente aprobada polo Consello da Xunta. Deste xeito acádanse un total de 996 prazas para licenciados. Así mesmo, incrementarase a convocatoria de técnico en farmacia en 10 prazas máis, terapeuta ocupacional en 6 e a de pinche en 10 prazas máis.

 

Cronograma das próximas convocatorias.
Nesta mesma reunión informouse da publicación no mes de xaneiro próximo das convocatorias de concurso-oposición das categorías de telefonista así como de pinche e técnico de farmacia, estas últimas para o acceso a prazas reservadas a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.
Así mesmo, no primeiro trimestre do próximo ano procederase á convocatoria das probas selectivas para o acceso ás categorías de calefactor, condutor, costureiro, electricista, fontaneiro, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, persoal informático e traballador social.
Con relación aos procesos actualmente en tramitación, que suporán a incorporación dun total de 1.492 profesionais das categorías de médico de familia, odontólogo e pediatra de atención primaria, persoal especialista de enfermería, fisioterapeuta, técnico en coidados auxiliares de enfermería e persoal de servizos xerais, prevese a súa resolución definitiva no primeiro cuatrimestre do 2021.
Calendario de exames
No ano 2021 está prevista a realización dos exercicios da fase de oposición para cubrir un total de 1.320 prazas correspondentes a 49 categorías.
Así, está previsto que no primeiro trimestre se realicen os exercicios da fase de oposición para cubrir 9 prazas de persoal de servizos xerais, pola quenda de discapacidade intelectual.
No segundo semestre de 2021, despois do verán, realizaranse os exercicios para cubrir 996 prazas de 42 categorías de persoal licenciado sanitario, das cales 892 corresponden a 39 especialidades de facultativo de área, 89 a médico de urxencias hospitalarias, 10 a médico asistencial do 061 e 5 a médico de admisión e documentación clínica. Así mesmo, desenvolveranse os exercicios para cubrir 324 prazas de técnico sanitario das especialidades de farmacia, laboratorio de diagnóstico clínico, imaxe para o diagnóstico, hixiene bucodental, anatomía patolóxica e citoloxía e radioterapia.
Condicións de seguridade.
Para a realización de tales probas nas máximas condicións de seguridade no actual contexto de crise sanitaria, estase a elaborar pola Dirección Xeral de Recursos Humanos un protocolo de actuación covid para os procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde. Entre outras medidas contempla o acceso dos aspirantes ao lugar de realización das probas a través de código QR, a cumprimentación dos datos identificativos da folla de resposta por parte do propio aspirante ou a posta a disposición deste, a través de Fides/expedient-e do certificado de asistencia ás probas selectivas. Todas estas medidas  contribuirán a unha maior axilidade no desenvolvemento dos exercicios e a unha redución dos contactos sociais. ara a realización de tales probas nas máximas condicións de seguridade no actual contexto de crise sanitaria, estase a elaborar pola Dirección Xeral de Recursos Humanos un protocolo de actuación covid para os procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde. Entre outras medidas contempla o acceso dos aspirantes ao lugar de realización das probas a través de código QR, a cumprimentación dos datos identificativos da folla de resposta por parte do propio aspirante ou a posta a disposición deste, a través de Fides/expedient-e do certificado de asistencia ás probas selectivas. Todas estas medidas  contribuirán a unha maior axilidade no desenvolvemento dos exercicios e a unha redución dos contactos sociais.
Accede á nova completa facilitada polo SERGAS.