Convócanse procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de F.P.

| Convocatorias |

A Consellería de Educación acaba de abrir novamente listas de substitucións tanto en Secundaria coma en F.P.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores día 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

590007

Física e química

590016

Música

590019

Tecnoloxía

590053

Lingua e literatura galega

590107

Informática

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

591211

Mecanizado e mantemento de máquinas

591222

Procesos de xestión administrativa

591227

Sistemas e aplicacións informáticas

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o mércores día 18 de novembro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

 

Listas de interinidades e substitucións. Consúltaas aquí.