Autorización de desprazamento para exames de oposicións.

| Convocatorias |

Os exercicios dos procesos selectivos que se realizarán os días 14 – 20 – 21 – 27 e 28 de marzo do 2021, supoñen un desprazamento das persoas aspirantes polo territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública emitirá unha autorización, que permita ás persoas aspirantes xustificar o desprazamento en atención ás limitacións que se poidan establecer por mor da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, para a realización dos exames.

Esta autorización obterase polas persoas aspirantes no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos»-»–«Xeración de solicitudes de procesos selectivos», no apartado “Consultar solicitude”

 

Info completa aquí.