Apertura de lista de interinidades e substitucións en varias especialidades de Mestres, Secundaria e F.P.

| Convocatorias | ,

A Consellería de Educación acaba de abrir novamente listas de substitucións tanto en mestres coma en Secundaria e FP.
O prazo de presentación de solicitudes: dende o xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Consulta aquí as Resolucións:

Secundaria e F.P. https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_apertura_listas_pes_ptfp.pdf

Mestres. https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resol_listas_597033.pdf

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Debese acceder á Sede electrónica a través desta ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible dende o xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.