Administración Xeral do Estado: convocadas 9.204 prazas (instancias ata o 25 de xuño)

| Actualidade, Convocatorias

Dende Nós Oposicións informamos de que xa se publicou o BOE núm. 127 do 28 de maio de 2021 que publica a Resolución do 26 de maio do 2021, da Secretaría do Estado de Política Territorial e Función Pública, pola que se convocan procesos selectivos para ingreso, acceso e estabilización do emprego temporal en Corpos e Escalas da Administración Xeral do Estado, e se encarga a súa realización á Comisión Permanente de Selección.

  • Para a presentación de solicitudes:

Os aspirantes deberán realizar a presentación da instancia por medios electrónicos a través do servicio de Inscripción en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral, de acordo coas instruccións que se indiquen.

Para participar nestas probas selectivas se deberá cumplimentar e presentar electrónicamente a solicitude de admisión no modelo oficial 790, que estará dispoñible no Punto de Acceso Xeral (https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias). A non presentación da solicitude en tempo e forma supoñerá a exclusión do aspirante.

Os interesados dispondrán dun prazo de presentación de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, do 31 de maio ao 25 de xuño de 2021, ambos inclusive.

 

  • Os exercicios de ingreso libre e estabilización dos Corpos Auxiliar e Administrativo se celebrarán o mesmo día á mesma hora

Según recolle a convocatoria, os exercicios dos procesos selectivos para o ingreso libre e para a estabilización de emprego temporal do Corpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado e do Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado celebraranse o mesmo día e a mesma hora.

 

  • Os primeiros exercicios de libre e estabilización do Corpo de Xestión celebraranse o mesmo día a mesma hora

Asimesmo, os primeros exercicios dos procesos selectivos para o ingreso libre e para a estabilización de emprego temporal do Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado e do proceso selectivo para a estabilización de emprego temporal da Escala de Xestión de Organismos Autónomos celebraranse o mesmo día e a misma hora.

 

  • Duración máxima da fase de oposición: 12 meses

De acordo co establecido nas ofertas de emprego público, o primeiro exercicio da fase de oposición celebrarase nun prazo máximo de catro meses, contados a partir da publicación desta convocatoria, sen perxuicio de que poda acordarse a sua ampliación. En atención ao elevado número de prazas ofertadas e do número previsto de solicitudes de participación nos procesos selectivos convocados por esta resolución, amplíase o citado prazo en catro meses. A previsión sobre a duración máxima da fase de oposición dos procesos selectivos previstos na presente resolución é de 12 meses.

Durante o mes de agosto, declararase inhábil dito mes, a efectos do cómputo de prazos nas probas selectivas da presente Convocatoria.

 

  • Reducción do número de exercicios

Como xa adelantou a directora xeral de Función Pública, Isabel Borrell, nesta convocatoria “introducense cambios que acortarán sensiblemente os prazos”, entre eles, a realización dun único exercicio o mesmo día como é o caso do Corpo Auxiliar e Administrativo de acceso libre ou a reducción de 3 a 2 exercicios no Corpo de Xestión (acceso libre).