Aberto o prazo de matrícula para as oposicións de educación convocadas pola Orde do 24 de febreiro de 2020

| Convocatorias | ,
Ábrese o prazo de matrícula para os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020.
A presentación de solicitudes para participar no procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, iníciase o 1 de xuño de 2020 e remata o día 19 de xuño de 2020, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), polo que debe comprobar que ten algún deses mecanismos activos, caso contrario é aconsellable que proceda a solicitalo coa maior brevidade posible.