A Xunta anuncia datas de exame para 476 prazas de educadores, auxiliares de enfermería e categorías administrativas.

| Convocatorias |

Un total de 7.551 opositores están chamados a participar nas probas que se celebrarán o vindeiro 27 e 28 de marzo para acceder a 476 prazas de educadores, auxiliares de enfermería e categorías administrativas. A Xunta anuncia as datas dos exames logo de que as autoridades sanitarias autorizaran a súa realización seguindo protocolos que garanten a súa realización con todas as garantías sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

A pandemia do coronavirus e as restricións establecidas para controlar a súa evolución obriga a adaptar as formas e secuencias de celebración das probas para garantir a súa realización coa maior seguridade posible. Neste marco, os exames realizaranse simultaneamente en tres sedes distintas: o recinto da Feira internacional de Silleda, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e o recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

Ademais, os do grupo C2 de auxiliares de enfermería terán lugar en dúas quendas sucesivas.

O sábado 27 pola mañá realizarase simultaneamente en Silleda, Lugo e Ourense o exame para 85 prazas do grupo A2 do Corpo de Xestión//Grupo II para o que están convocados 2.002 aspirantes; e pola tarde terán lugar tamén de xeito simultáneo nas tres sedes, as probas para 86 prazas do grupo A2 Educadores nas que están chamadas a participar 1.965 persoas.

A continuación, o domingo 28 celebraranse simultaneamente nas tres sedes e en dúas quendas sucesivas (mañá e tarde) o exame para 305 prazas do grupo C2 Auxiliares de enfermería con 3.584 aspirantes convocados.

+ info aquí.