Castelán

Convocatorias de varias especialidades da Xunta de Galicia.

As prazas convocadas correspóndense con ofertas públicas de emprego dos anos 2019, 2020 e 2021.

Estas convocatorias supoñen unha oportunidade única de acceder a un emprego público porque serán polo sistema de oposición libre, e dicir, que conseguir o posto dependerá exclusivamente do resultado nos exames e non de méritos como a antigüidade (concurso-oposición). Por iso, esta convocatoria resulta atractiva para xente que non está traballando na administración pública.

Cales son os requisitos para presentarse?

Tanto para o corpo superior de funcionarios A1 como para o A2 requírese ter un título universitario. Para opositar ao grupo administrativo C1 necesítase o Bacharelato ou unha titulación equivalente (como podería ser un ciclo) e para o C2 tan só a ESO. Para a categoría de Agrupación profesional —tamén coñecida como persoal subalterno— non se necesita ningunha titulación mínima.

Cando serán os exames?

Aínda non se sabe cando serán as probas, pero ben podería ser cara finais do 2022 ou primeiro semestre o 2023.

Que especialidades se van a convocar?

A Dirección Xeral de Función Pública remitiu á mesa de negociación coas centrais sindicais unha proposta que se compón de 720 prazas, 540 serán para o acceso ás principais escalas da Administración Xeral. O corpo superior A1 contará con 75 prazas; o corpo de xestión A2, 90; para o corpo administrativo C1 serán 102; o corpo auxiliar C2, 120; 119 encaixaranse na agrupación profesional de persoal funcionario; e oito para a escala técnica de finanzas A2. Destacar igualmente prazas de auxiliares de clínica, 54 e coidadores 65, ou varias escalas relacionadas coas especialidades de bibliotecas, museos ou arquivos.

O xornal La Voz de Galicia publicou varias novas onde se detalla máis polo miudo esta información.

?https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2022/03/15/xunta-convoca-720-plazas-trabajar-consellerias-sistema-oposicion-libre/00031647344903816496371.htm

?https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2022/03/16/720-plazas-oposicion-libre-xunta-me-puedo-presentar-me-da-tiempo-prepararlas/00031647452810971751488.htm

? https://www.nosoposicions.com/convocatorias-publicadas-xunta/

 

COMEZO DE GRUPOS DE PREPARACIÓN DE VARIAS ESPECIALIDADES PARA O MES DE ABRIL 2022.