Convocatoria oposicións educación

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS EDUCACIÓN

Con data 19 de abril publicouse no DOG, a Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Podes consultar a convocatoria pinchando AQUÍ

Igualmente a Consellería habilitou unha páxina con información relevante sobre as oposicións.

https://www.edu.xunta.es/oposicions/

Ofrecemosche igualmente un resumo da Convocatoria con aspectos máis destacados:

NOTA MOI IMPORTANTE: A INFORMACIÓN QUE A CONTINUACIÓN SE PRESENTA É UN RESUMO DA CONVOCATORIA. TEN UN CARÁCTER MERAMENTE INFORMATIVO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS: 20 días naturais, do 20 de abril ao 9 de maio, ambos incluídos.

NÚMERO DE PRAZAS: 1.112 (incluíndo Inspectores)

• Mestres
CORPO MESTRES Reserva Discapacitados Libre Total
Ed. Infantil 12 174 186
Inglés 4 52 56
Ed. Física 3 37 40
Música 3 33 36
PT 4 52 56
AL 4 52 56
Primaria 3 37 40
Francés 2 28 30
Total 35 465 500

• Secundaria
CORPO SECUNDARIA Discapacitados Libre Total
Hispánicas 4 52 56
Xeografía e Historia 3 41 44
Matemáticas 4 56 60
Física e Química 2 30 32
Bioloxía e Xeoloxía 3 33 36
Inglés 3 33 36
E. Física 1 15 16
Orientación 1 19 20
FOL 3 37 40
Hostelaría e Turismo 1 9 10
Informática 1 15 16
Intervención Sociocomunitaria 1 15 16
Total 27 355 382

• FP
CORPO FP Discapacitados Libre Total
Cociña e Pastelería 1 11 12
Instalacións Electrotécnicas 2 22 24
Mantemento de Vehículos 2 22 24
Mecanizado e Mantemento de Máquinas 1 16 17
Servizos á Comunidade 1 19 20
Sistemas e Aplicacións Informáticas 2 23 25
TOTAL 9 113 122

LUGARES DE EXAMEN: Poderán elixir calquera provincia de Galicia para a realización do exame.

TAXAS:

Para poder participar na presente convocatoria, o persoal aspirante deberá aboar os seguintes importes, correspondentes ás taxas por dereito de exame.

• Secundaria: 40,74€
• Mestres: 35,08€
• FP: 35,08€

A taxa deberá liquidarse utilizando o impreso oficial, modelo A, de autoliquidación de taxas. (Anexo IV)

1. Dito impreso deberase cubrir cos códigos que figuran no referido anexo.

2. O pagamento poderá efectuarse de forma electrónica accedendo á Oficina Virtual Tributaria a través da seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es. Neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pagamento.

Exención do pago:

Están exentos do pago de dita taxa quen acredite de xeito documental:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%
b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial

Aplicaráselle unha bonificación do 50% á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria de probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

SOLICITUDES:

A solicitude deberá efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions

debendo imprimirse a instancia que se presentará, xunto coa documentación acreditativa, en:

a) No rexistro xeral da Xunta de Galicia.
Dirección:Edificio Administrativo San Caetano, Rúa de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña Teléfono: 981 54 54 00
b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

http://www.xunta.gal/oficina-de-rexistro-e-informacion/localizacion-das-oficinas

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presentar a solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Na instancia, consignaranse os códigos do corpo e, se é o caso, especialidades que figuran nas bases desta convocatoria. Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

DOCUMENTOS A PRESENTAR:

Os aspirantes deberán presentar xunto á instancia a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade agás o persoal aspirante que autorice na instancia a consulta de datos do Servizo de Verificación de Identidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso no correspondente corpo ou certificación académica que acredite que realizaron todos os estudos para a obtención do título, xunto coa fotocopia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, agás se calquera dos dous documentos fose presentado para a súa valoración como mérito. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria.

c) Documentación acreditativa de estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.

Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, ou cando sexa o caso, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartira en centros públicos dependentes desta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente polo Subdirector Xeral de Recursos Humanos

Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:

-Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza
impartida e a especialidade, expedida polo secretario do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou
nomeamento expedido polo organismo correspondente.

-Se se trata dun centro privado dos mencionados no parágrafo quinto do punto 3.2.c) desta convocatoria, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza impartida e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente.

Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.

O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha fotocopia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.
O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar unha fotocopia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa da persoa coa que existe este vínculo, de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

COMEZO PROBAS:

Darán comezo a partir do 21 de xuño do 2016.
Indicarase o lugar, data e hora do acto de presentación e de realización da primeira proba, e a adscrición de aspirantes aos diferentes tribunais.

FASES DAS PROBAS:

– PRIMEIRA PROBA. PROBA DE COÑECEMENTOS

a) Parte primeira.

Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema referido á parte A do temario, elixido polo aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal. Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres horas.

Este exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal, que poderá formular as preguntas ou aclaracións que estime pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.

b) Parte segunda.

O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na primeira parte da proba, realizará esta segunda parte consistente na exposición oral dun tema, referido á parte B do temario, elixido polo persoal aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal. O persoal aspirante disporá de trinta minutos para a preparación deste exercicio e dun máximo de sesenta minutos para a súa exposición oral. Terminada a exposición, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que estime pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.

c) Parte terceira.

O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na segunda parte da proba, realizará esta terceira, que consistirá na análise por escrito dun caso práctico sobre as técnicas adecuadas para a actuación da inspección de Educación, que será proposto polo tribunal. Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres horas. O exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:

– Parte A: A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.
– Parte B: A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0.4 a cualificación obtida.

– SEGUNDA PROBA. APTITUDE PEDAGÓXICA E TÉCNICA

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:
Parte A:
Presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables , os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver

completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice. Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido
nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

Parte B.
Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citade unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensinanza e aprendizaxe que se van a formular na aula e os seus procedementos de avaliación. O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia a utilizar non poderá ser susceptible de dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.)
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá aportar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se entregará ao tribunal ao final da mesma.
O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder de vinte minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá de trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder de dez minutos.

FASE DE CONCURSO:
Máximo 10 puntos

– Experiencia docente (máximo 5 puntos)
– Formación académica e permanente (máximo 5 puntos)
– Outros méritos (máximo 2 puntos)

PERIODO DE INSCRICIÓN: 20 días naturais, do 20 de abril ao 9 de maio, ambos incluídos.