Castelán

O SERGAS publica no D.O.G. do 15 de novembro de 2021 a primeira convocatoria de inscrición no curso de adaptación para acadar a certificación dos e das enfermeiras para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano.

PERSOAS DESTINATARIAS DO CURSO DE ADAPTACIÓN

PERÍODO DE INSCRICIÓN

PRÓXIMAS CONVOCATORIAS

INSCRICIÓN

O formulario de inscrición estará dispoñible na web da ACIS https://acis.sergas.gal, menú “Formación continuada”, e epígrafe “O meu perfil”.

Para acceder dende fóra da rede do SERGAS será necesario certificado dixital ou Chave365.

No buscador de actividades deben localizar o curso “Acreditación das/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano. Código 218819”, abrir a ficha técnica e acceder ao formulario de inscrición.

CURSO DE ADAPTACIÓN

As/os enfermeiras/os que teñan máis de 1 ano de experiencia profesional, recibirán a acreditación de oficio por parte do SERGAS. Non teñen que facer o curso de adaptación.