Castelán

CONVOCATORIA C1 E C2 XUNTA DE GALICIA

INSCRICIÓN ATA O 8 DE XULLO

No DOG do 18 de xuño publicaronse as convocatorias das categorias C1 e C2 do Corpo Administrativo da Xunta de Galicia.

CONVOCATORIA C1 (ADMINISTRATIVO) C1 

CONVOCATORIA AUXILIAR ADMINISTRATIVO C2

  • MATRÍCULA GRATUÍTA ATA O 3 DE XULLO. 
  • COMEZO GRUPOS INTENSIVOS. 

 CONVOCATORIA C1. ADMINISTRATIVO. PROCESO SELECTIVO

O proceso selectivo consistirá na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios
e obrigatorios:
II.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de noventa (90) preguntas tipo test, máis cinco (5) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes ás seguintes
partes do programa que figura como anexo I desta convocatoria, procurando que os diferentes bloques estean proporcionalmente representados no cuestionario:
– I. Dereito constitucional.
– II. Dereito autonómico.
– III. Dereito administrativo.
– V. Dereito orzamentario e dereito tributario.

O exercicio terá unha duración máxima de cen (100) minutos.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e o modelo coas respostas correctas no mesmo lugar no que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia
(funcionpublica.xunta.es).

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A data de realización deste exercicio non será anterior ao 15 de xaneiro de 2016.

II.1.2. Segundo exercicio: os/as aspirantes deberán resolver por escrito un máximo de oito (8) preguntas sobre un suposto de carácter práctico que elixirán entre dous (2) propostos polo tribunal, que versará sobre as seguintes partes do programa que figura como anexo I desta convocatoria:
– Parte III: dereito administrativo.
– Parte V: dereito orzamentario e dereito tributario.
– Parte VI: dereito laboral e seguridade social.

Para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación cos textos legais dos cales se poderán servir para o desenvolvemento do exercicio, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, estará expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.
Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

O exercicio terá unha duración máxima de dúas (2) horas.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicarase na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es) o suposto práctico no que consistía o exercicio.
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3. Terceiro exercicio: os/as aspirantes deberán desenvolver por escrito un (1) tema, a elixir entre dous (2), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa que figura como anexo I desta orde.
O exercicio terá unha duración máxima de unha (1) hora e trinta (30) minutos. O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.4. Cuarto exercicio: constará de dúas probas:
Primeira: tradución dun texto do castelán ao galego proposto polo tribunal.

Segunda: tradución dun texto do galego ao castelán proposto polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima de sesenta (60) minutos.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e, para superalo, será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
Estarán exentos de realizar este exercicio as/os aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).
Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polos aspirantes que superen o segundo exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

CONVOCATORIA C2. AUXILIAR ADMINISTRATIVO. PROCESO SELECTIVO

O proceso selectivo consistirá na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios
e obrigatorios.

II.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de noventa (90) preguntas tipo test, máis cinco (5) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido do programa que figura como anexo I desta convocatoria, procurando unha representación proporcional dos temas que o integran no cuestionario.

O exercicio terá unha duración máxima de cen (100) minutos.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e o modelo de respostas coas respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es ).

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3)
respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non será anterior ao 15 de xaneiro de 2016.

II.1.2. Segundo exercicio: consistirá na realización dunha proba práctica con vinte (20) preguntas tipo test, máis cinco (5) de reserva, con respostas alternativas en que os aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo de paquetes ofimáticos en contorno MS Office 2010 e LibreOffice 4.2.4 (folla de cálculo, procesador de textos).

O exercicio terá unha duración máxima de corenta (40) minutos.
O tribunal, por cuestións de índole organizativa, poderá propoñer exercicios distintos de similares características nos correspondentes chamamentos parciais, que se poderán realizar, de ser o caso, en diferentes días.
Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e o cadro coas respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es ).
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 5 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3. Terceiro exercicio: constará de dúas probas:
Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O exercicio terá unha duración máxima de sesenta (60) minutos.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

Estarán exentos de realizar este exercicio as/os aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia
de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).
Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polos aspirantes que superen o primeiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.