Dende Nós Oposicións informamos de que:
Xa está publicada a Resolución do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres/as (597036) (código de procedemento ED003A)
O prazo de presentación de solicitudes: desde o martes día 26 de outubro ata o día 28 de outubro de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible: martes día 26 de outubro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos-Folla alegación méritos-, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
? Podedes acceder á publicación oficial AQUÍ.