A consellería de educación convocará máis de 1000 prazas de infantil, primaria, secundaria e FP

A Consellería de Cultura e Educación convocará unha oferta de emprego público de máis de mil prazas en infantil, primaria, secundaria e FP, Román Rodríguez explicou no Parlamento de Galicia que o obxectivo é mellorar a estabilidade do corpo docente e facilitar a implantación da LOMCE.
No referido á OPE, e aínda pendente de concretar o número exacto de prazas ata que se coñeza a cifra de xubilacións.Está previsto que haxa oposicións para MESTRES Especialidades de:

  • Educación infantil,
  • inglés, francés,
  • Educación física,
  • Música,
  • Educación Primaria,
  • Pedagoxía terapéutica e de
  • Audición e linguaxe-;

PROFESORES DE ENSINO MEDIO E FP:

  • Lingua Castelá e Literatura,
  • Xeografía e Historia,
  • Matemáticas,
  • Física e Química,
  • Bioloxía e Xeoloxía,
  • Inglés,
  • Educación física,
  • Orientación educativa,
  • Formación e Orientación Laboral,
  • Hostalaría e Turismo,
  • Informática,
  • Intervención sociocomunitaria,
  • Cociña e pastelería,
  • Instalacións electrotécnicas,
  • Mantemento de vehículos,
  • Mecanizado e mantemento de máquinas,
  • Servizos á Comunidade, e finalmente
  • Sistemas e aplicacións informáticas.
Scroll al inicio