GALICIA, 13 DE NOVEMBRO DE 2014
A Xunta anuncia prazas para mestres de infantil e primaria para o ano que vén, para todas as especialidades, agás francés. Xesús Vázquez matiza que haberá que agardar ata xaneiro para saber o número total da oferta de emprego, pero estiva que serán arredor de 400 prazas.
Propoñerase unha oferta en todas as especialidades tanto en infantil, primaria, inglés, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, música e educación física agás francés”, asegurou Xesús Vázquez, conselleiro de Educación.
http://www.crtvg.es/informativos/ofertaranse-prazas-en-todas-a-especialidades-agas-en-frances-929793
GALICIA, 28 DE OUTUBRO DE 2014.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento ten previsto convocar unha oferta de emprego público cun número superior ás 400 prazas no corpo de mestres, o que suporía chegar ao máximo permitido neste momento. Durante a súa comparecencia na Cámara galega para facer balance do inicio do curso, Vázquez Abad salientou que as oposicións son posibles grazas ao incremento por parte do Goberno central da taxa de reposición tras a petición formulada pola Xunta de Galicia de elevala ata o 50%.