CONCURSO DE MÉRITOS DA LEI 2/2022 DE POSTOS DE DIFÍCIL COBERTURA

CONCURSO DE MÉRITOS DA LEI 2/2022 DE POSTOS DE DIFÍCIL COBERTURA

O SERGAS acepta a nosa alegación de valorar con 5 puntos ter o Celga IV, ou a mellor das puntuacións obtidas nos exames de lingua galega das dúas últimas convocatorias de concurso-oposición do SERGAS.

▪ CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE ▪
Informan de que proximamente van publicar as prazas que se ofertan de Médico/a de familia, abrindo un prazo para a modificación da orde de preferencia nas prazas.
🟢 OPE EN CURSO
Publicación no DOG o 27 de marzo da baremación definitiva da fase de concurso.
As persoas adxudicatarias abriráselle un prazo de un mes para a presentación da documentación requirida.
Os destinos ofertados publicaranse a primeiros de abril.
A intención é que a toma de posesión sexa antes do verán.
▪ CONCURSO DE MÉRITOS DE ESTABILIDADE ▪
Nas categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, está prevista a publicación da baremación provisional arredor do 11 de abril.
🟢 EXAME OPOSICIÓN ENFERMEIRO/A: domingo 2️⃣5️⃣ de xuño.
Non deron máis datas de ningún outro exame de oposición.
🟢 LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL
Informan de que están enviadas a DOG, pendente de data, as seguintes publicacións:
Listas provisionais: Bibliotecario/a, e Técnico/a de grao medio de biblioteconomía e documentación.
Listas definitivas: enfermeiro/a, e enfermeiro/a especialista. O SERGAS non especificou as categorías concretas.
Scroll al inicio