Apertura listas de interinos A.L.

APERTURA LISTA DE INTERINOS E SUBSTITUCIÓNS PARA MESTRES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

10 SETEMBRO 2014.

Comunicase a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.

Requisitos dos candidatos e candidatas:

  • Titulacións esixidas
    • Título de mestre ou título de grao correspondente na especialidade de audición e linguaxe
    • Título de profesor de educación xeral básica na especialidade de audición e linguaxe
    • Título de mestre de ensino primario na especialidade de audición e linguaxe
  • Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos esixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se optase por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

PERIODO DE INSCRICIÓN: 10 DÍAS NATURAIS DENDE A PUBLICACIÓN.
Scroll al inicio