Un sincero agradecemento…

| Actualidade | ,

Neste mes de maio daremos por rematada a preparación na maior parte dos grupos de Educación.

Este foi un ano atípico, difícil e complexo para todos e por elo queremos agradecerlle ao noso alumnado unha vez máis a súa confianza e o compromiso con Nós, así como o seu esforzo por dar o mellor de si.

Un agradecemento que necesariamente temos que facer extensible ao noso equipo de preparadores e de administración que foron quen de abrirse camiño nos momentos de incerteza e dificultade.

Esperamos ter estado á altura das esixencias e expectativas xeradas e naqueles casos nos que non foi así vaían as nosas desculpas por non telo acadado. O que si podemos afirmar con absoluta rotundidade é que ao longo deste tempo puxemos todo o noso empeño e saber facer en ofrecer unha formación solvente e de garantías.

A todos aqueles que en algún momento deste curso formastes parte do proxecto Nós Oposicións, moitas grazas e os nosos mellores desexos para o futuro.

Moita sorte a todos e todas!.

Podes visualizar un VIDEO de parte do equipo de Nós Oposicións amosando as mellores das nosas intencións.