Traducións de programacións didácticas e terminoloxía en galego.

| Actualidade | ,

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela remitiunos un correo informándonos de que estaban recibindo numerosas consultas sobre traducións e sobre terminoloxía dalgunhas áreas do saber relacionadas coas oposicións de Ensino. Basicamente referidas á necesidade de traduciren programacións didácticas e sobre terminoloxía á maneira de resolveren certos termos para os que non coñecían a solución en lingua galega.

Por todo elo remitironnos a seguinte información que nos pareceu relevante e de agradecer polo que vola transmitimos a través desta canle para todos os interesados/as:

 

FERRAMENTAS DE TRADUCIÓN

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/asesoramento/recursos/tradutores.html

Nesta páxina do SNL da Universidade de Santiago de Compostela veñen recollidos algúns dos tradutores automáticos dispoñibles para a tradución entre español-galego e galego-español (tamén funcionan con outros pares de linguas). Os tradutores automáticos son ferramentas moi útiles e eficientes. En todo caso, sempre vai ser moi necesaria a corrección detida do texto que devolva a utilidade.

BUSCATERMOS: A FERRAMENTA PARA OS TERMOS CIENTÍFICOS

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/terminoloxia/buscatermos.html

É unha base de datos terminolóxica que permite consultar a información recollida en máis de 165.000 rexistros, que se centran na terminoloxía galega, pero recollen tamén información doutras moitas linguas (español, portugués, inglés, francés…).