Reapertura ao público dos nosos centros.

O luns 11 de maio a partir das 16 horas temos prevista a reapertura dos nosos centros para atención ao público en todo o referido á parte administrativa.

Polo momento o aforo está limitado a unha ou duas persoas que só poderán acceder á zona de recepción.

O resto de xente deberá agardar  na zona exterior en fila gardando unha distancia de seguridade ata que poida ser atendida.

No momento de acceder ás instalacións cada persoa terá á súa disposición un xel hidroalcolico para as mans que deberá empregar antes de ser atendida polo noso persoal a través dunha mampara de metacrilato, tentando deste xeito ofrecer a máxima seguridade a todos.

E igualmente seguimos atendendo telefónicamente nos nosos números de teléfono habituais:

  • A Coruña: 981 927 420.
  • Santiago: 981 938 727
  • Lugo: 981 938 727
  • Vigo: 986 139 344

Aínda que dun xeito moi limitado comezamos a dar pasos para á volta á normalidade que tanto desexamos!!!!!