Publicada no DOG a O.P.E. da Xunta e Consorcio 2020.

Publicouse no DOG do 29 de decembro a Oferta de Emprego Público (OPE) correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020. Son mais de 2.500 prazas de acceso libre, das que máis de 1.200 son para persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña e 8 para a especialidade de recursos naturais e forestais; na escala de técnicos facultativos (296); na de persoal de servizos xerais (PSX) con 173 prazas; na escala de xerocultor/a (151) e no corpo auxiliar con 102 prazas.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

Tamén destacan no eido administrativo, 68 prazas para o corpo superior (A1), 58 para o corpo de xestión (A2), 69 para o corpo administrativo (C1), 102 para o corpo auxiliar (C2) e 60 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

 

Consulta aquí o reparto por especialidades:

OFERTA PUBLICA EMPREGO XUNTA E CONSORCIO 2020

 

En Nós Oposicións, temos previsto iniciar ao longo de xaneiro 2021 a preparación das distintas especialidades ofertadas na OPE 2020 (Xardín de Infancia das Galiñas Azuis, Educadores, Traballo Social, Coidadores, Auxiliar Administrativo, Subalterno, PSX…

preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno/a pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores.

Infórmate sen compromiso chamando a calquera dos nosos centros e lembra que terás dúas clases de proba para que poidas comprobar a calidade e rigor da nosa preparación e dos nosos equipos de preparadoras. Se non che convence a nosa preparación non terás nada que abonar por esas dúas clases de proba.

Scroll al inicio