Policía Nacional. Comezo novo grupo na Coruña en setembro.

| Actualidade |

En Nós Oposicións, iniciamos preparación dun NOVO GRUPO no centro da CORUÑA en SETEMBRO. 

Matricúlate antes do 31 de agosto e terás a MENSUALIDADE DE SETEMBRO GRATIS. 

No BOE do 4 de xuño publicouse a Resolución de 30 de maio de 2019, da Dirección General de la Policía, pola que se convoca oposición libre para cubrir 2506 prazas de alumnos da Escuela Nacional de Policía, da División de Formación e Perfecionamento, aspirantes a ingreso na Escala Básica, categoría de Policía, do Corpo Nacional de Policía.

Consulta a convocatoria aquí.

CARACTERÍSTICAS DA PREPARACIÓN:

  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, tendo superada a oposición. En algún caso foron membros de Tribunais de oposición.
  • Preparadores parte Técnica e Específica: Equipo de Inspectores, Xefes de Grupos Operativos en activo e con experiencia docente. Licenciados en Dereito, Enxeñeria Informatica, Ciencias Políticas.
  • Preparadores Parte Xurídica: Licenciado en Dereito, Ciencias Politicas e Graduado Social con 10 anos de experiencia preparando oposicións de Corpos e Forzas de Seguridade obtendo as primeiras prazas en distintas convocatorias.
  • Preparación destas dúas partes dous días a semana en horario de tarde.
  • Preparación Parte Física: Funcionario en activo, Licenciado en INEF, ampla experiencia na preparación de oposicións de Policia Nacional, Policía Local e Garda Civil. Preparación no pavillón de Riazor. Clases de preparación desta parte, tres días a semana en distintos horarios.
  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados con referencias lexislativas.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a un mes de clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar.