Policía Nacional 2020. Inicio grupo de preparación en setembro.

| Actualidade |

En Nós Oposicións, iniciamos preparación dun NOVO GRUPO no centro da CORUÑA en SETEMBRO. 

Matricúlate antes do 31 de agosto e terás a MATRÍCULA GRATUITA. 

O BOE do 1 de agosto aprobou a oferta de 2.366 prazas para a Policía Nacional na Escala Básica.

A oferta de prazas está recollida nun Real decreto do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. 

 

CARACTERÍSTICAS DA PREPARACIÓN:

  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, tendo superada a oposición. En algún caso foron membros de Tribunais de oposición.
  • Preparadores parte Técnica e Específica: Equipo de Inspectores, Xefes de Grupos Operativos en activo e con experiencia docente. Licenciados en Dereito, Enxeñeria Informatica, Ciencias Políticas.
  • Preparadores Parte Xurídica: Licenciado en Dereito, Ciencias Politicas e Graduado Social con 10 anos de experiencia preparando oposicións de Corpos e Forzas de Seguridade obtendo as primeiras prazas en distintas convocatorias.
  • Preparación destas dúas partes dous días a semana en horario de tarde.
  • Preparación Parte Física: Funcionario en activo, Licenciado en INEF, ampla experiencia na preparación de oposicións de Policia Nacional, Policía Local e Garda Civil. Preparación no pavillón de Riazor. Clases de preparación desta parte, tres días a semana en distintos horarios.
  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados con referencias lexislativas.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir á preparación durante dúas semanas de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar.