Oposicións con data de exame…

| Actualidade |

Mónica P. Vilar de La Voz de Galicia elaborou unha interesante información sobre o inicio neste mes de marzo das probas de varios procesos selectivos aprazados por mor da pandemia.

Agradecidos a Mónica e a La Voz de Galicia por ternos en conta unha vez máis e por suposto trasladar igualmente a nosa gratitude a Sara, Estefania e Sonia, así como ao resto do grupo por ter participado nesta información.

Os nosos mellores desexos para todo o alumnado que leva meses e meses preparando distintos procesos selectivos e que agora por fin se vai poder examinar, ogallá que se vexa recompensado todo o esforzo levado a cabo.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/03/04/opositores-fecha-examenspan-langgl-e-unha-inxeccion-certeza-logo-do-levan-vividospan/0003_202103G4P9993.htm