O.P.E. SERGAS 2020. Proposta de prazas.

| Actualidade |

Xa coñecemos a través da información publicada polo sindicato CIG a proposta de reparto de prazas por especialidades da OPE SERGAS 2020.

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Técnico/a superior en hixiene bucodental 

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico 

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico  

Técnico/a superior en radioterapia

 

As prazas que se ofertan no 2020 das seguintes categorías sumaranse ás prazas xa convocadas en decembro de 2019:

• Diversas categorías de FEAs
• Médico/a asistencial do 061
• Médico/a de admisión e documentación clínica
• Médico/a de urxencias hospitalarias
• Terapeuta ocupacional
Técnico/a en farmacia
• Pinche

Abrirase un prazo de inscrición para que as persoas que non estaban inscritas, e que cumpran os requisitos (titulación, idade…) agora o poidan facer. Estas persoas sumaranse ás xa inscritas no 2019. 

 

Nós Oposicións, iniciará ao longo de decembro 2020 e xaneiro 2021 a preparación das distintas especialidades ofertadas na OPE 2020 (Enfermaría, Fisioterapia, Traballo Social…) e continuaremos coa preparación nos grupos xa formados da OPE 2019 (Hixiene Dental, Farmacia, Laboratorio, Imaxe para o Diagnóstico) .

A preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno/a pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores.

Infórmate sen compromiso chamando a calquera dos nosos centros e lembra que terás dúas clases de proba para que poidas comprobar a calidade e rigor da nosa preparación e dos nosos equipos de preparadoras. Se non che convence a nosa preparación non terás nada que abonar por esas dúas clases de proba.

 

Ofrecémosche:

  • Clase semanal presencial impartida por preparadoras con ampla experiencia profesional e docente e que se pode seguir en directo dende o alumno desexe a través da aplicación Google Meet.
  • Realización dun test en formato físico de cada tema impartido e axustado ao formato de exame de oposición.
  • Corrección do test e aclaración de dúbidas en clase por parte do docente especialista.
  • Realización a través da plataforma www.espazonos.com de varios test curtos de cada tema cando o alumno desexe e con autocorreción.
  • Realización de simulacros por bloques impartidos.
  • Realización de simulacro xeral en formato idéntico ao exame da oposición unha vez realizada a impartición de todos os temas.