Inicio grupos de preparación de Enfermaría.

Nós Oposicións, iniciará ao longo de marzo e abril a preparación dos grupos de ENFERMARÍA.
Estes son os centros e lugares onde temos previsto levar a cabo grupos de preparación:
  • A Coruña
  • Lugo
  • Ferrol
  • Santiago  
  • Monforte
  • Burela
Infórmate sen compromiso chamando a calquera dos nosos centros e lembra que terás dúas clases de proba para que poidas comprobar a calidade e rigor da nosa preparación e dos nosos equipos de preparadoras. Se non che convence a nosa preparación non terás nada que abonar por esas dúas clases de proba.
Ofrecémosche:
  • Clase semanal presencial impartida por preparadoras con ampla experiencia profesional e docente.
  • Realización dun test en formato físico de cada tema impartido e axustado ao formato de exame de oposición.
  • Corrección do test e aclaración de dúbidas en clase por parte do docente especialista.
  • Realización semanal de test complementarios e de reforzo a través da plataforma en liña.
  • Realización de simulacros por bloques impartidos.
  • Realización de simulacro xeral en formato idéntico ao exame da oposición unha vez realizada a impartición de todos os temas.
Descobre porque as enfermeiras e enfermeiros levan máis de 15 anos confiando no sistema de preparación e no equipo de Nós Oposicións.
Scroll al inicio