Información sobre a celebración das oposicións de educación.

O martes 31 de marzo debería terse celebrado a mesa sectorial de Educación entre o Ministerio e as CC.AA. xuntanza que finalmente non tivo lugar e no seu canto o Ministerio solicitou a cada Comunidade autónoma que se manifestara sobre a súa intención de celebrar ou non as oposicións nas datas previstas. No caso da Consellería de Educación tal e como manifestan varios medios de comunicación informou ao Ministerio que as probas só s e manteran tal e como estaban previstas no mes de xuño-xullo 2020 se o próximo día 11 de abril se levantase o estado de alarma.

Con este pronunciamento parece claro que se acabarán pospoñendo e o máis seguro é que se trasladen ao próximo ano (xuño-xullo 2021), aínda que evidentemente esta afirmación non ten caracter oficial polo momento.

Poñemos de manifesto esta información para que en función dela cada un/unha dos nosos alumnos e alumnas decida que desexa facer coa preparación, posto que tal e como vos sinalamos a semana pasada tedes ata o 2 de abril ás 22 horas para aquelas persoas que así o desexedes cursedes a baixa notificándonolo por escrito a través do correo ou do whtasapp.

Como xa vos manifestamos a intención de Nós Oposicións é continuar coa preparación ata dala por rematada na maior parte dos casos a finais de maio, sempre e cando haxa un mínimo de alumnado en cada grupo que faga viable a súa continuidade. Previsiblemente a maior parte dos grupos rematarán en maio, aínda que esta cuestión iremola concretando en datas futuras unha vez o acordemos con cada equipo de preparadores.

Agradecéndovos a vosa confianza e compromiso, recibide unha aperta de gratitude e agradecemento.

 

 

Scroll al inicio