Información da Mesa Sectorial en Madrid sobre a Oferta de Emprego Docente.

| Actualidade | ,
INFORMACIÓN FACILITADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE A MESA SECTORIAL CELEBRADA O 14 DE MAIO CO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.
Oferta de emprego docente.

A Consellería de Educación solicitoulle novamente ao Ministerio o cambio normativo que permita acumular as prazas da oferta de emprego docente de 2020 coa de 2021.

A este respecto, desde Ministerio asegurouse que a solicitude ten cabida no decreto que se está tramitar e puxéronse a disposición dos servizos xurídicos da Consellería.