Datas para a realización dos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda.

| Actualidade |

Nunha xuntanza celebrada entre as organizacións sindicais e o Director Xeral de Función Pública este comunicou que aínda non hai datas previstas para a realización dos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda.

Confirmou que a partir do mes de novembro realizaranse tanto a OPE Social, como as de Administración Xeral de Promoción Interna, consolidación, estabilización e libre.

En todo caso, a celebración de calquera proceso será anunciada ás organizacións sindicais cun mes de antelación.

Tampouco se descarta que os procesos selectivos se realicen simultaneamente en varias localidades.