As oposicións de Educación desenvolveranse do 19 de xuño ao 23 de xullo, de forma escalonada e descentralizada más alá das sete cidades.

A Consellería de Educación acaba de facer pública información relevante de cara ao desenvolvemento das oposicións.

  • Suprímese a presentación, co cal as prazas se repartirán por tribunal tendo en conta o número de persoas presentadas á primeira parte da primeira proba.
  • As datas para a realización desta primeira parte da primeira proba pasan a ser 5, segundo a especialidade e o tribunal no que participes, no lugar dunha: 19, 20, 23 24 e 25 de xuño.
  • Fixase unha data para o persoal que non puidera realizar a primeira proba nas datas marcadas polo tribunal debido a maternidade ou por estaren cumprindo unha medida de illamento ou corentena por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto estreito: o 10 de xullo.
  • Suprímese a obriga de participar no procedemento selectivo para permanecer en listas.

+ info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33338

Info CIG Ensino. (Inclúe borrador da modificación da Orde de convocatoria das oposicións)

 

 

Scroll al inicio