Aprobado o decreto da oferta de 1.604 prazas na OPE de educación de 2021

| Actualidade, Ofertas

📣Dende ℕó𝕤 𝕆𝕡𝕠𝕤𝕚𝕔𝕚ó𝕟𝕤 informamos de que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou do visto e prace á Oferta Pública de Emprego docente do ano 2021, que contará con 1.604 prazas e cuxas probas se celebrarán en 2022.

🔸En concreto, sinalou, máis do 85% destas prazas serán de novo ingreso, un total de 1.372, das que 652 serán do corpo de mestres, 692 de profesores de secundaria, 20 de escolas oficiais de idiomas e 8 de profesores de arte e deseño. Mentres que, as restantes, 232 reservaranse para promoción interna, sendo a maioría, 230 de profesores de ensino secundario e as 2 restantes de acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

🔸Con esta oferta, subliñou, o número de prazas convocadas pola Xunta elévase a 10.665 no eido educativo nos últimos cinco anos, ao tempo que incidiu en que se reservará unha cota do 7% para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Podedes consultar a noticia a través deste enlace na propia páxina da xunta👉 https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57998/aprobado-decreto-oferta-1-604-prazas-ope-educacion-2021