Aprobada O.P.E. Sergas 2020

| Actualidade |

No DOG do 21 de decembro publicouse a OPE do SERGAS do 2020, concretamente unha correción de erros que detalla de xeito exacto a distribución de prazas por cada especialidade.

Podes Consultala aquí.

Nós Oposicións, iniciará ao longo de xaneiro 2021 a preparación das distintas especialidades ofertadas na OPE 2020 (Enfermaría, Fisioterapia, Traballo Social…) e continuaremos coa preparación nos grupos xa formados da OPE 2019 (Hixiene Dental, Farmacia, Laboratorio, Imaxe para o Diagnóstico) .

preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno/a pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores.

Infórmate sen compromiso chamando a calquera dos nosos centros e lembra que terás dúas clases de proba para que poidas comprobar a calidade e rigor da nosa preparación e dos nosos equipos de preparadoras. Se non che convence a nosa preparación non terás nada que abonar por esas dúas clases de proba.

 

Ofrecémosche:

  • Clase semanal presencial impartida por preparadoras con ampla experiencia profesional e docente e que se pode seguir en directo dende o alumno desexe a través da aplicación Google Meet.
  • Realización dun test en formato físico de cada tema impartido e axustado ao formato de exame de oposición.
  • Corrección do test e aclaración de dúbidas en clase por parte do docente especialista.
  • Realización a través da plataforma www.espazonos.com de varios test curtos de cada tema cando o alumno desexe e con autocorreción.
  • Realización de simulacros por bloques impartidos.
  • Realización de simulacro xeral en formato idéntico ao exame da oposición unha vez realizada a impartición de todos os temas.