A Televisión de Galicia informou dende un centro Nós sobre a preparación de oposicións en tempos de pandemia.

Con motivo de que a Xunta anunciara que vai reanudar os exames de oposicións o vindeiro mes de marzo, un equipo da Televisión de Galicia con Chus Purriños ao fronte desprazouse ao centro Nós A Fábrica da Coruña para interesarse como se están desenvolvendo as preparacións nestes tempos de pandemia.

Recabaron a opinión do noso alumnado e poideron comprobar con se desenvolvian as clases en formato mixto, con alumnado de xeito presencial nas aulas á vez que alumnado conectado en directo a través da nosa aplicación.

Agradecidos unha vez máis á Televisión pública de Galicia que tivese a ben considerar a Nós Oposicións para a elaboración dunha nova relacionada coas oposicións e por suposto o noso agradecemento a todo alumnado e equipo docente que participou e en especial a Isabel e Raquel que nos transmitiron a súa experiencia. 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-4812694?t=2772

Scroll al inicio