A maior oferta de emprego público en 12 anos: ¿Estou a tempo de aproveitala?

| Actualidade | , ,

Esta consideración e pregunta era a que se facía Gabriela Consuegra, nun recente artigo onde analizaba as diferentes Ofertas de Emprego Público que as distintas administracións están a publicar neste tramo final do ano.

Agradecémoslle que tivese a ben considerar a Nós Oposicións unha das academias de referencia para elaborar esta nova. Consulta aquí a nova completa.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/11/28/mayor-oferta-empleo-publico-12-anos-tiempo-aprovecharla/00031606578401066496718.htm

 

Pero o realmente relevante é que por diante temos 3 Ofertas de Emprego Público que son unha moi boa oportunidade para acadar un futuro laboral estable:

 

Nós Oposicións, iniciará ao longo de decembro 2020 e xaneiro 2021 a preparación das distintas especialidades ofertadas nestas tres OPEs.

preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno/a pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores.

Infórmate sen compromiso chamando a calquera dos nosos centros e lembra que terás dúas clases de proba para que poidas comprobar a calidade e rigor da nosa preparación e dos nosos equipos de preparadoras. Se non che convence a nosa preparación non terás nada que abonar por esas dúas clases de proba.

 

Ofrecémosche:

  • Clase semanal presencial impartida por preparadoras con ampla experiencia profesional e docente e que se pode seguir en directo dende o alumno desexe a través da aplicación Google Meet.
  • Realización dun test en formato físico de cada tema impartido e axustado ao formato de exame de oposición.
  • Corrección do test e aclaración de dúbidas en clase por parte do docente especialista.
  • Realización a través da plataforma www.espazonos.com de varios test curtos de cada tema cando o alumno desexe e con autocorreción.
  • Realización de simulacros por bloques impartidos.
  • Realización de simulacro xeral en formato idéntico ao exame da oposición unha vez realizada a impartición de todos os temas.