A Xunta convocará oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público

A Xunta convocará oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público

🔹Ademais, preto de 600 empregados e empregadas públicos poderán ascender de categoría a través de exames de promoción interna

A Xunta convocará nas vindeiras semanas oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público na Administración Autonómica.
En concreto convocaranse 134 prazas no ámbito dos servizos con 117 prazas na especialidade de limpeza e cociña, e 17 na escala técnica de mantemento de servizos; e 121 prazas no ámbito ambiental e dos recursos naturais e forestais.
Ademais, haberá 15 prazas para a escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos; 12 prazas para a escala técnica de análise de laboratorio; e outras nove para a escala técnica de delineantes.
Todas estas prazas son de acceso libre e poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos e queira acceder a un emprego fixo, estable e de calidade na Administración autonómica.
Scroll al inicio