A Xunta convocará en 2024 case 1.750 prazas en oposicións para o ensino público

📢Rueda anuncia que a Xunta convocará en 2024 case 1.750 prazas en oposicións para o ensino público

🔘 Destaca que se trata “da maior oferta dos últimos cinco anos” e que o 86% dos postos serán de novo ingreso

🔘Explica que haberá 1.512 prazas distribuídas en corpos de mestres (520), profesores de ensino secundario (875), profesores especialistas en sectores singulares da FP (84) e docentes de escolas oficiais de idiomas (33)

🔴Probas en xuño

Rueda indicou que as 1.512 prazas de novo ingreso da convocatoria de 2024 serán para:
  • mestres (520 prazas)
  • profesores de ensino secundario (875)
  • escolas oficiais de idiomas (33)
  • corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP (84)
As restantes 231 prazas irán dirixidas a que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220 prazas) ou ao de inspectores de educación (11 prazas).
Nas vindeiras semanas levarase a oferta á Mesa Sectorial para concretar as especialidades, de cara á publicación da convocatoria.
▪️ Como é habitual, as probas comezarán a finais do mes de xuño de 2024.
Scroll al inicio