Castelán

Oferta de emprego público da Admnistración xeral para 2023

📢A oferta de emprego público da Admnistración xeral para 2023 ascende a 1.102 prazas, das que o 55% son de acceso libre
🔹Resalta que o Goberno galego “esgota un ano máis” a taxa de reposición que marca o Estado
🔹Salienta que a OPE inclúe “606 prazas de acceso libre, máis de 300 prazas para a promoción interna e 187 para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo”
🔹O maior número de postos de acceso libre concéntrase no ámbito da loita e prevención de incendios forestais
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou hoxe o decreto de oferta de emprego público (OEP) da Administración Xeral da Xunta e das entidades instrumentais do sector público autonómico para este ano 2023 que ascende a 1.102 prazas, “das que o 55% son de acceso libre”. En concreto, explicou, vanse ofertar “606 prazas de acceso libre, 309 para promoción interna e 187 para avanzar no proceso de funcionarización do persoal laboral fixo”.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/84843/oferta-emprego-publico-admnistracion-xeral-para-2023-ascende-1-102-prazas-das