A nosa forma de traballar – Policía

Clases en horario intensivo

Clases en horario intensivo

As clases de preparación teñen lugar en dúas sesións semanais de duración 2 horas e media cada unha. Celébranse en horario de tarde de luns a venres.

Temario propio actualizado

Temario propio actualizado

Os temas constitúen xuntamente cos test un dos eixos fundamentais da preparación, xa que aportan o sustento teórico e práctico da mesma. O alumnado disporá dun temario actualizado polo noso equipo de docentes. Farase unha entrega secuenciada do mesmo con especial atención a bloques temáticos o que facilitará o seu estudo.

Test

Test

Un dos eixos fundamentais da preparación fundamentase na realización por parte do alumnado de tests co mesmo formato que o establecido na oposición.

Ao longo de cada semana de preparación o opositor/a recibirá un test para que o realice e posteriormente este será corrixido polo preparador/a aclarando as posibles dúbidas que poidan xurdir na resolución do mesmo.

APP

APP

Como complemento aos test o alumno/a disporá dun acceso á unha APP que lle permitirá realizar test complemantarios de reforzo cando o desexe dende calquera dispositivo móbil. Esta nova ferramenta daralle ao opositor unha oportunidade de acceso á preparación permanente e de fácil acceso, todo elo dun xeito motivador.

Clases de proba

Clases de proba

Calquera preparación que se desenvolva por moi ben fundamentada e desenvolvida que estea debe adaptarse ás necesidades de cada opositor/a. Para elo no caso das nosas preparacións, buscando sempre a transparencia e claridade, ofrecémoslle ao alumnado dúas clases de proba sen ningún compromiso de permanencia. Se transcorridas esas dúas clases o opositor/a considera que a preparación non se adapta ás súas necesidades só ten que comunicárnolo e cursaremos a súa baixa non tendo nada que aboar por esas dúas clases recibidas.

Campus virtual

Campus Virtual

O alumnado desta especialidade disporá de acceso ao campus virtual espazonos.com, o que lle permitirá ter á súa disposición, entre outras ferramentas, acceso ás clases gravadas durante os 6 días posteriores á súa celebración, contidos complementarios, chats, planificación, novas...

Simulacros

Simulacros

Toda preparación dun proceso selectivo debe acompañarse duns instrumentos de avaliación e supervisión que lle permitan ao alumno comprobar en que nivel de preparación está en cada momento. Para elo ao longo da preparación o alumno/a terá un ou varios simulacros en formato idéntico á proba da oposición.
Scroll al inicio