?FORO CONVERSA CADENA SER SOBRE A EDUCACIÓN DE CALIDADE EN GALICIA

?Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela unha nova edición do Foro Conversa que organiza a Cadena SER Galicia. Nesta ocasión a temática a abordar foi a Educación de Calidade en Galicia. Levaronse a cabo diversas ponencias e mesas redondas nas que se abordaron temáticas de máximo interese.

?A xornada encargouse de abrila Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela.

?A continuación tivo lugar a intervención de Teresa Sánchez Profesora da USC de Psicoloxía Evolutiva que falou de Intelixencia Emocional na aula.

?Posteriormente celebrouse unha mesa redonda en torno á FP Dual que contou coa participación de José Luis Mira Lema, Director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, Rubén Prol Mariño. Concejal responsable de Educación, Eduardo G. Mosconi Coordinador FP dual no Barbanza e Manuel Santiago, responsable de formación de Aluminios Cortizo.

?A continuación Mª. José Rdrguez. Malmierca do CESGA falou abordou as Competencias dixitais na aula.

?Outra charla estivo centrada na formación do formador, que contou con distintos especialistas nos ámbitos nos que interveñen como Anxo Rodríguez, Responsable Centro Autonómico de Formación e Innovación, Alexandre Sotelino Profesor USC Teoría e Historia da Educación e Eva Barreira Cerqueira, Profesora USC Didáctica e Organización Escolar.

?A xornada pechouna David Broceño Caminero, Sub. Xeral de Planificación e xestión da FP do Ministerio de Educación.

?Todas as intervencións poideronse seguir a partir das 09:30 horas en directo desde radiogalicia. gal e poden visionarse no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=OfzyWiqkxTY&t=9391s

Estas conversas contaron coa colaboración do Concello de Santiago, da Universidade de Santiago de Compostela e de Nós Oposicións. ?

 

Scroll al inicio