(Aplicación prevista para as oposicións do curso 2011-2012)
Seguindo o establecido no REAL DECRETO 276/2007, de 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, e regúlase o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimoséptima da citada lei, (BOE 2 de marzo de 2007), elaboramos o seguinte resumo cos aspecto mais destacados deste novo sistema de acceso que trae importantes novidades.
Cada unha das probas da fase de oposición terá carácter eliminatorio.
Todas as probas das especialidades de idiomas modernos nos Corpos de Mestres, e Profesores de Ensino Secundario, desenvolveranse no idioma correspondente.
A fase de oposición constará de dúas probas:
1. Unha proba, que terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente á que se opta, e que constará de dous partes que serán valoradas conxuntamente:
Parte A: En todas as especialidades, incluirase unha proba práctica que permita comprobar que os candidatos posúen a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade á que opte.
Parte B: Esta parte consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre un número de temas, extraídos ao azar polo tribunal, atendendo aos seguintes criterios:
a) Naquelas especialidades que teñan un número non superior a 25 temas, deberá elixirse entre dous temas.
b) Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre tres temas.
c) Naquelas especialidades que teñan un número superior a 50 temas, deberá elixirse entre catro temas.
Esta proba valorarase de cero a dez puntos.
Cada unha das dúas partes das que consta deberá supor como mínimo tres puntos dos dez que comprenderá a valoración total desta proba.
Para a súa superación, os aspirantes deberán alcanzar unha puntuación mínima igual ou superior a cinco puntos, sendo esta o resultado de sumar as puntuacións correspondentes ás dúas partes.
A estes efectos a puntuación obtida en cada unha das partes deberá ser igual ou superior ao 25 por 100 da puntuación asignada ás mesmas.
2. Outra proba, que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente, e que consistirá na presentación dunha programación didáctica e na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica:
A) Presentación dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dun área, materia ou módulo relacionados coa especialidade pola que se participa. A programación elaborada polo aspirante, de acordo cos termos que fixen as respectivas convocatorias, deberá presentarse e ser defendida ante o tribunal.
B) Preparación e exposición dunha unidade didáctica.
A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade.
No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao azar por el mesmo, da súa propia programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao azar por el mesmo, do temario oficial da especialidade.
Esta proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, debendo alcanzar o aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.
As cualificacións das probas expresaranse en números de cero a dez. Nelas será necesario obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos para poder acceder á proba seguinte ou, no caso da última proba, para proceder á valoración da fase de concurso.
Na fase de concurso valoraranse, os méritos dos aspirantes; entre outros figurarán a formación académica e a experiencia docente previa.
A cualificación da fase de concurso aplicarase unicamente aos aspirantes que superen a fase de oposición.
As convocatorias sinalarán o modo de facer públicos os resultados obtidos polos aspirantes ao longo do proceso selectivo. En todo caso, terán carácter público os resultados das probas que permitan acceder a outra proba posterior, as puntuacións da fase de concurso e as finais.
A cualificación correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas probas integrantes desta fase, cando todas elas sexan superadas.
A ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de DOUS TERZOS PARA A FASE DE OPOSICIÓN (66,6%) E DUN TERZO PARA A FASE DE CONCURSO (33,3%).