981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

Secundaria

Inicio / Secundaria
I

Oposicións á Ensinanza Secundaria

  • A EXPERIENCIA DE LEVAR FORMANDO OPOSITORES DE EDUCACIÓN DENDE 2004.
  • EXCELENTES RESULTADOS NAS OPOSICIÓNS DE CONVOCATORIAS ANTERIORES.
  • PREPARADORES DA MÁXIMA SOLVENCIA E EXPERIENCIA.
  • PREPARACIÓN DE TODAS AS PARTES DA OPOSICIÓN (PRÁCTICOS, TEMAS, PROGRAMACIÓN, UNIDADES DIDÁCTICAS)
  • REALIZACIÓN DE SIMULACROS DE EXAME CON TRIBUNAIS.
  • SEGUIMENTO PERSONALIZADO POR PARTE DO PREPARADOR/A.
  • POSIBILIDADE DE CONTAR COA COLABORACIÓN DUNHA COACHING PARA MELLORAR AS EXPOSICIÓNS ORAIS.
  • CENTROS EN A CORUÑA, LUGO, SANTIAGO E VIGO.
OFERTA

SE TE MATRICULAS ANTES DO 31 DE AGOSTO PARA A PREPARACIÓN DAS OPOSICIÓNS DE SECUNDARIA, PARA O CURSO 2017-2018, TERÁS:

  • MATRÍCULA GRATUITA.
  • O IMPORTE DA MENSUALIDADE SERÁ O MESMO QUE O DO CURSO 2012-2013.
  • PODERÁS ASISTIR A DUAS CLASES DE PROBA. SE DECIDES QUE NON TE CONVENCEN NON TERÁS NADA QUE ABOAR POR ELAS NIN TERÁS NINGUN TIPO DE COMPROMISO, E SÓ SE DECIDES QUEDARTE É CANDO AS TERÁS QUE PAGAR.

^ Subir

PRAZAS

Oferta de Emprego en Educación  para o curso 2016-2017, foi a seguinte:
Ingreso Corpo de Ensino Secundario
Código/especialidade Reserva discapacitadas

Libre

Total

004 Lingua Castelá e Literatura

4

46

50

005 Xeografía e Historia

4

46

50

006 Matemáticas

6

74

80

007 Física e Química

4

46

50

008 Bioloxía e Xeoloxía

2

28

30

011 Inglés

3

47

50

017 Educación Física

1

19

20

053 Lingua Galega e Literatura

3

47

50

102 Análise e Química Industrial

1

14

15

103 Asesoría e Imaxe Persoal

1

11

12

106 Hostalería e Turismo

1

14

15

112 Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

1

9

10

TOTAL

31

401

432

 

Ingreso Corpo de profesoras e profesores técnicos de formación profesional
Código/especialidade Reserva discapacitadas

Libre

Total

201 Cociña e Pastelería

1

9

10

202 Equipos electrónicos

1

17

18

208 Laboratorio

1

13

14

209 Mantemento de Vehículos

1

17

18

227 Sistemas e Aplicacións Informáticas

2

18

20

TOTAL

6

74

80

 

ESPECIALIZADOS

^ Subir

ESPECIALIDADES

  • ORIENTACIÓN EDUCATIVA
  • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
  • XEOGRAFÍA E HISTORIA
  • LINGUA GALEGA E LITERATURA
  • LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
  • FÍSICA E QUÍMICA
  • MATEMÁTICAS
  • FRANCÉS
  • INGLÉS
  • FILOSOFÍA
  • MÚSICA
  • EDUCACIÓN FÍSICA
  • DEBUXO TÉCNICO
  • FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL
  • INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA

 

^ Subir

REFERENTES LEGAIS SOBRE ESTA CUESTIÓN

ESTADO

Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da citada lei. (BOE 2 de marzo de 2007)

GALICIA.

ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

^ Subir

REQUISITOS QUE HAI QUE REUNIR PARA PODER PRESENTARSE ÁS OPOSICIÓNS DE PROFESOR DE EDUCACIÓN SECUNDARIA (INSTITUTO)

Requisitos específicos

a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para os efectos de docencia.

b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da LOE

1.Os títulos Profesionais de Especialización Didáctica e o Certificado de Cualificación Pedagógica, que á entrada en vigor da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, organizasen as universidades ao amparo do establecido na Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o Certificado de Aptitude Pedagógica e outras certificaciones que o Goberno poida establecer, serán equivalentes á formación establecida no artigo 100.2 da mesma, ata tanto se regule para cada ensinanza. Estarán exceptuados da esixencia deste título os mestres e os licenciados en pedagogía e psicopedagoxía e quen estea en posesión de licenciatura ou titulación equivalente que inclúa formación pedagógica e didáctica.

2. A acreditación dunha experiencia docente previa durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en periodos discontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regulado debidamente autorizados, será igualmente recoñecida como equivalente á formación establecida no artigo 100.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, ata tanto non se regule para cada ensino.

ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, feita pola secretaría xeral ou órgano competente, o título de licenciado en filoloxía galego-portuguesa.

As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba.

Os tribunais valorarán esta proba como apto ou non-apto. Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas con non-aptas.

IDIOMAS MODERNOS

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

^ Subir

PROCESO SELECTIVO

O sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición.

FASE DE CONCURSO (33,3% DO CONCURSO OPOSICION)

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran nos aspirantes.

Esta valoración será efectuada en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

FASE DE OPOSICION (PROBA) (66,6% DO CONCURSO OPOSICION)

A fase de oposición versará sobre os contidos da especialidade a que se opta, a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio da docencia.

A fase de oposición constará de unha única proba estruturada en dúas partes, que non terán carácter eliminatorio. O tribunal só fará pública a nota final e global da proba.

A proba e as súas partes realizaranse pola seguinte orde e axustaranse ao que, así mesmo, se indica:

PARTE A

  • PROBA PRÁCTICA
  • TEMA ESCRITO. Terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos necesarios para impartir docencia. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante, de entre un número de temas extraídos ao chou polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario de cada especialidade atendo aos seguintes criterios:

-Naquelas especialidades que teñan un número non superior a 25 temas, deberá elixirse entre tres temas.

-Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas.

-Naquelas especialidades que teñan un número superior a 50 temas, deberá elixirse entre cinco temas.

Esta primeira parte cualificarase de cero a dez puntos

PARTE B

Terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. Consistirá na presentación dunha programación didáctica e na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.

B.1) PRESENTACIÓN DUNHA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. No caso do corpo de profesores de música e artes escénicas, a programación fará referencia ao currículo dun curso relacionado coa especialidade pola que se participa.
Nas especialidades de idiomas modernos a programación redactarase integramente no idioma correspondente. Na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, esta proba terá por obxecto a comprobación da aptitude psico-pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da función de asesoramento e orientación educativa e profesional. Consistirá na presentación dun plan de apoio, que consistirá en 6 programas de intervención. Este plan deberá basearse na normativa vixente e nas necesidades do centro e do contexto, e establecer obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas de mellora continua da calidade.
A programación ou, se é o caso, o plan de apoio, deberá entregarse ao tribunal no acto de presentación, e defenderase ante este no momento en que se convoque o persoal aspirante para tal efecto. A defensa da programación ou o plan de apoio terá unha duración máxima de vinte minutos. O persoal aspirante empregará para a defensa unha copia da programación ou do plan de apoio entregado ao tribunal.

B.2) PREPARACIÓN, EXPOSICIÓN E DEFENSA DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA.

O persoal aspirante elixirá unha unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou, por el mesmo, da súa programación. Na elaboración da unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula, os seus procedementos de avaliación e a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
No suposto da especialidade de Orientacón Educativa do corpo de profesores de ensino secundario, os aspirantes desenvolverán un programa de intervención nun centro escolar ou nun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica de entre tres extraídos ao chou, por el mesmo, do seu plan de apoio.
O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica ou do programa de intervención, e poderá empregar o material que considere oportuno.

CUALIFICACIÓNS

PARTE A.

Esta proba valorarase de cero a dez puntos. Cada unha das dúas partes das que consta deberá supor como mínimo tres puntos dos dez que comprenderá a valoración total desta proba.
Para a súa superación, os aspirantes deberán alcanzar unha puntuación mínima igual ou superior a cinco puntos, sendo esta o resultado de sumar as puntuacións correspondentes ás dúas partes. A estes efectos a puntuación obtida en cada unha das partes deberá ser igual ou superior ao 25 % da puntuación asignada ás mesmas.

PARTE B

Esta proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, debendo alcanzar o aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.Cada un dos exercicios da parte B valoraranse de 0 a 10 puntos.

CUALIFICACIÓN FINAL DA PROBA.

De 0 a 10 puntos. En cada proba será necesario obter unha puntuación igual ou superior a 5 puntos para poder acceder á proba seguinte ou, no caso da última proba, para proceder á valoración da fase de concurso

ACCESO Á FASE DE CONCURSO.

A cualificación final da proba expresarase en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

^ Subir

TEMARIOS

É preciso ter en conta que estamos nun momento de tránsito no sistema educativo, e que polo tanto pode haber actualización dos temarios existentes. En todo caso polo momento os temarios vixentes no momento actual son:

Temarios das especialidades

^ Subir

CONVOCATORIAS

As convocatorias soen saír no mes de marzo ou abril, sendo os exames contra o final do mes de xuño e durante o mes de xullo.

No ano 2016 a Consellería de Educación convocou prazas en varias especialidades do Corpo de Profesrores de Ensino Secundario (Instituto). CONSULTA A CONVOCATORIA DE 2017.

A preparación para o 2017 comeza ao longo do mes de setembro e primeiras semanas do mes de outubro, tendo en conta que no ano 2018 O SISTEMA DE ACCESO PREVISIBLEMENTE NON VAI A MODIFICARSE, E POLO TANTO CONTINUA A EXISTIR UNHA PROBA PRÁCTICA E OS EXAMES SON ELIMINATORIOS.

^ Subir

Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR