Policía Nacional
ESCALA BÁSICA DE POLICÍA NACIONAL
REQUISITOS
Para ser admitido á práctica das probas selectivas será necesario reunir, antes de que remate o último día de prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
-
Ser español.
-
Ter 18 anos de idade e non cumprir os 30.
-
Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os homes, e 1,60 metros as mulleres.
-
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou outro equivalente ou superior.
Esta titulación ha de posuirse antes de finalizar o prazo de presentación de instancias, se ben deberá acreditarse cando se compareza á realización da cuarta proba.
-
Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas, que se prestará a través de declaración do solicitante.
-
Non ser condenado por delito doloso, nin separado do servizo do Estado, da Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin se achar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
-
Estar en posesión dos permisos de condución das clases A (Real Decreto 772/1997) ou A2 (Real Decreto 818/2009), B e da autorización (BTP) para conducir os vehículos a que refire o artigo 7.3 do Regulamento Xeral de Condutores. Os permisos da clase A e a autorización (BTP) deberán obterse con anterioridade á data que se fixe en cada convocatoria.
PROBAS DE SELECCIÓN (OPOSICIÓN)
Probas de carácter eliminatorio.
1) PROBA DE COÑECEMENTOS:
50 minutos para responder un test de 100 preguntas sobre o temario( 3 respostas solo unha verdadeira)
TEMARIO:
25 temas divididos en:
-
Ciencias Xurídicas: 12 temas
-
Ciencias Sociais: 8 temas
-
Materias técnico científicas: 5 temas
(Podes consultar o temario mais abaixo)
PUNTUACIÓN: Puntúa de 0-10. É necesario obter un 5 para pasar á seguinte fase.
2 ) PROBAS FISICAS:
Primeiro exercicio: AXILIDADE. Consistente na realización dun circuíto.
Segundo exercicio: FORZA FLEXORA; os homes flexión de brazos sobre barra e as mulleres resistencia cos brazos flexionados sobre a barra.
Terceiro exercicio: SALTO VERTICAL.
Cuarto exercicio: RESISTENCIA. 2000 m homes e 1000 m mulleres (un só intento)
PUNTUACIÓN: Cada exercicio puntúa de 0-10. Un cero nun dos exercicios significa a eliminación do candidato.
CUALIFICACIÓN: é a nota media obtida en cada proba. É necesario obter como nota mínima un 5.
REQUISITOS PARA A REALIZACIÓN DESTA PROBA:
-
Vestimenta deportiva.
-
Certificado Médico Oficial que acredite que o aspirante reúne as condicións necesarias para a realización das pruebas.( non presentar o certificado supón a exclusión do aspirante no proceso selectivo).
3)PROBA PSICOTECNICA
Esta proba está dividida en dúas partes, por un lado os test psicotécnicos para determinar a personalidade e a aptitude do aspirante para o desempeño da aptitude policial e por outro lado a entrevista persoal.
PUNTUACIÓN: Ambas partes puntuaran conxuntamente e o tribunal fixará a puntuación mínima para cada unha delas.
CUALIFICACIÓN: nesta proba non será numérica, será de "apto" ou "non apto".
4) RECOÑECEMENTO MEDICO:
Unha vez que os aspirantes superen as probas anteriores deberán de pasar un recoñecemento médico para comprobar que non están dentro no cadro de exclusións médicas, que é o seguinte:
TALLE: mínima nos homes de 1.65 e de 1.60 para as mulleres.
OBESIDADE/DELGADEZA: medido a través do IMC. Non serán aptos aqueles que estean por debaixo de 18 ou que superen os 28, tanto en homes coma en mulleres.
EXCLUSIÓNS CIRCUNSTANCIAIS:
Enfermidades ou lesións agudas ou activas no momento do recoñecemento.
EXCLUSIÓNS DEFINITIVAS:
OLLO E VISIÓN:
-
Agudeza visual sen corrección inferior aos dous terzos da visión normal en ambos os dous ollos.
-
Queratotomía radial.
-
Desprendemento de retina.
-
Estrabismo.
-
Hemianopsias.
-
Discromatopsias.
-
Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do Tribunal Médico, dificulte de xeito importante a agudeza visual.
OIDO E AUDICIÓN:
OUTRAS EXCLUSIÓNS:
-
Aparato locomotor: Alteracións do aparato locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do Tribunal Médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).
-
Aparato dixestivo: Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do Tribunal Médico, dificulte o desempeño do posto de traballo.
-
Aparato cardiovascular: Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo superar as cifras en repouso os 145 mm./Hg en presión sistólica, e os 90 mm./Hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do Tribunal Médico, poida limitar o desempeño do posto de traballo.
-
Aparato respiratorio: A asma bronquial, a broncopatía crónica obstrutiva, o neumotorax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparato respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.
-
Sistema nervioso: Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.
-
Pel e faneras: Psoríase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.
-
Outros procesos patolóxicos: Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do Tribunal Médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial
**EXERCICIO VOLUNTARIO DE IDIOMAS:
Os aspirantes poderán realizar un exercicio voluntario de idiomas, a elixir entre francés e inglés, que podería mellorar a nota alcanzada na proba de coñecementos ata dous puntos, o nivel esixido será polo sistema xeral no ensino básico obrigatorio.
CUALIFICACIÓN FINAL
A cualificación final é a suma das puntuacións obtidas na proba de coñecementos (incluída a proba de idiomas) e as probas físicas.
Os aspirantes que superen a fase de oposición e tivesen o servizo militar cumprido engadiráselles á cualificación final a seguinte puntuación:
Militar de recrutamento:
-
Servizo militar cumprido na súa totalidade como militar de recrutamento: 0,10 puntos.
-
Servizo militar cumprido de forma parcial por un período superior á metade do tempo establecido conforme á normativa vixente no momento do seu cumprimento: 0,05 puntos.
-
Militar de emprego:
-
Período cumprido de 18 meses: 0,20 puntos.
-
Período cumprido de 24 meses: 0,25 puntos.
-
Período cumprido de 36 meses: 0,30 puntos.
-
Período cumprido de 4 anos: 0,35 puntos.
-
Período cumprido de 5 anos: 0,40 puntos.
-
Período cumprido de 6 anos: 0,42 puntos.
-
Período cumprido de 7 anos: 0,44 puntos.
-
Período cumprido de 8 anos: 0,46 puntos.
-
Período cumprido de 9 anos: 0,48 puntos.
-
Período cumprido de 10 anos: 0,50 puntos.
-
Período cumprido de 11 anos: 0,52 puntos.
-
Período cumprido de 12 anos: 0,54 puntos.
CURSO DE FORMACIÓN E PERIODO DE PRÁCTICAS
Unha vez que os opositores superen a fase de oposición e presenten a documentación necesaria no prazo esixido ingresarán no Centro de Formación da División de Formación e Perfeccionamento para a realización dun curso académico irrepetible integrado por materias que estableza o plan de estudio vixente.
Cada materia avaliarase de 0-10, sendo necesario obter un 5 en todas as materias para poder realizar o módulo de formación práctica, unha vez que se acceda ao devandito módulo, valoraranse trazos persoais como a responsabilidade, dedicación, disciplina, traballo en equipo, decisión...,sendo necesario a obtención dun 5 en cada unha delas.
Este módulo é irrepetible salvo causa xustificada.
TEMARIO
A) CIENCIAS XURÍDICAS
-
Tema 01: O dereito: Concepto e acepcións. As normas xurídicas positivas: Concepto, estrutura, clases e carácteres. O principio de xerarquía normativa. A persoa en sentido xurídico: Concepto e clases; o seu nacemento e extinción; Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Adquisición, conservación e perdida da nacionalidade española. O domicilio. A veciñanza civil.
-
Tema 02: Dereito penal: Concepto. Principios informadores do dereito penal. A infracción penal: o delito e a falta. Concepto material de delito. Graos de execución do delito. Persoas criminalmente responsables dos delitos e faltas. As consecuencias xurídicas da infracción penal. Vixencia temporal e espacial da lei penal. A idade penal e os seus efectos.
-
Tema 03: Noción de dereito procesual penal. Concepto de xurisdición e de competencia. Os órganos da xurisdición penal. Concepto de denuncia e a obrigación de denunciar. A detención: Concepto e duración. A obrigación de deter. Os dereitos do detido. O procedemento de habeas corpus. O Ministerio Fiscal: Funcións.
-
Tema 04: Constitución Española (I): Estrutura e carácteres da Constitución española de 1978. Os valores da Constitución. Os principios do réxime constitucional: Estado democrático, Estado de dereito, Estado social, Monarquía parlamentaria e Estado autonomista. Os dereitos e deberes fundamentais establecidos na Constitución: especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas así como ás garantías dos mesmos e á suspensión dos dereitos e liberdades. O Defensor do Pobo.
-
Tema 05: A Constitución Española (II): Da Coroa. Das Cortes Xerais. Do Goberno e a Administración. Das relacións entre o Goberno e a Cortes xerais. Do Poder xudicial. Da organización territorial do Estado. Do Tribunal Constitucional. Da reforma constitucional.
-
Tema 06: A organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado: Principios de organización, funcionamento e relacións cos cidadáns; órganos superiores e órganos directivos na organización central. O Goberno: Composición, organización e funcións; o Goberno en funcións.
-
Tema 07: Os funcionarios públicos: Concepto e clases. Adquisición e perda da condición de funcionario.
-
Tema 08.- A Lei orgánica 2/1986 de 13 de Marzo.- Dos Corpos e Forzas de seguridade:
-
Disposicións xerais; principios básicos de actuación; disposicións estatutarias comúns.- Das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: Os dereitos de representación colectiva; o Consello de Policía; organización das unidades de Policía Xudicial; das Policías das Comunidades Autónomas; da colaboración e coordinación entre o estado e as Comunidades Autónomas; Policías Locais.
-
Tema 09: O Ministerio do Interior: estrutura orgánica básica. A Secretaría de Estado de Seguridade: Estrutura e funcións.
-
Tema 10: A Dirección Xeral da Policía: Estrutura orgánica e funcións dos servizos centrais e periféricos. O Corpo Nacional de policía: Funcións, escalas e categorías; sistemas de acceso; réxime disciplinario; situacións administrativas.
-
Tema 11: Medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Principios reitores. Prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero. Tutela institucional: especial referencia ás unidades especializadas na prevención nas Forzas e Corpos de Seguridade. Marco normativo e actuacións encamiñadas a favorecer a igualdade entre homes e mulleres.
-
Tema 12: A Unión Europea: Referencia histórica. O dereito derivado. Institucións máis importantes da Unión Europea. A cooperación policial internacional.
B) CIENCIAS SOCIAIS
-
Tema 13: Dereitos Humanos. Declaración Universal de Dereitos Humanos. Convenio europeo para a protección dos Dereitos Humanos e Liberdades fundamentais. Dereitos fundamentais recollidos na nova Constitución Europea.
-
Tema 14: Globalización e antiglobalización. Conceptos e características. Consecuencia da globalización. Reaccións á globalización.
-
Tema 15: Socialización: transmisión de valores na sociedade actual. Liberdade-responsabilidade. Igualdade- solidariedade. Tolerancia. Contravalores, reaccións sociais aos valores maioritarios: racismo, fanatismo, fundamentalismo, sectarismo, hooliganismo.
-
Tema 16: Actitudes e valores sociais. As actitudes: concepto, compoñentes e funcións. Estereotipos, prexuízos e discriminación. Actitudes da personalidade autoritaria: xenofobia e dogmatismo. Os grupos sociais. O conflito entre grupos.
-
Tema 17: Inmigración. Movementos migratorios: Concepto e causas das migracións. Tipos e efectos. As grandes migracións a través da historia. As migracións na actualidade. Problemática da integración.
-
Tema 18: A cidade como fundamento do cambio social. Poboación e grupos sociais. Sectores da poboación marxinal. O fenómeno da urbanización. A sociedade de masas. O home e o equilibrio ecolóxico. A contaminación e a protección do medio ambiente.
-
Tema 19: A seguridade. Concepto. Seguridade individual e seguridade colectiva. A inseguridade. Políticas de seguridade. Inadaptación, marxinalidade e delincuencia: concepto, modelos explicativos e clases de delincuencia.
-
Tema 20: Drogodependencias. Conceptos de droga, consumidor, métodos de administración, adicción, dependencia, tolerancia, politoxicomanías. Clasificación das drogas.
C) MATERIAS TÉCNICO-CIENTÍFICAS
-
Tema 21: A electrónica. Concepto de compoñentes electrónicos.- Transmisións: As ondas electromagnéticas. Modulación e transmisión. Medios de transmisión. Utilización básica dun sistema de comunicacións. Transmisións dixitais e transmisións analóxicas.
-
Tema 22: Partes e funcións básicas dun computador. Sistema operativo Windows. Definición e funcionamento básico, iconas e obxectos, xestión de unidades de disco, organización dos datos en discos, o escritorio: partes e o seu funcionamento, o explorador de Windows, a papeleira de reciclaxe, o panel de control, accesorios.
-
Tema 23: Procesador de textos Microsoft Word: elementos básicos, o axudante, operacións básicas, formato de carácter, parágrafo e páxina, corrección dun texto, impresión, columnas, tabulacions, táboas, gráficos.
-
Tema 24: Introdución ás redes informáticas e tipos. Internet e Intranet. O navegador Internet Explorer: coñecemento básico.
-
Tema 25: orixe das armas de fogo. Armas de antecarga e de retrocarga. Clasificación e definición das armas de fogo. Cartucho metálico e semimetálico: definición e compoñentes. Armas prohibidas. Documentación que ampara a tenencia e porte de armas.
ANOTACIÓNS DE INTERESE
Normalmente seguen un calendario e orde nas probas, adoita saír a convocatoria en Maio, a primeira proba adoita ser a de coñecementos sobre Novembro, as físicas cara finais de ano e dende Xaneiro ata Xuño están a facer as entrevistas persoais.
Última convocatoria: BOE do 20 de maio de 2010.
Prazas:
Ano 2007, o nº de prazas nas oposicións á Escala Básica do Corpo Nacional de Policía foron de 5500 reducíndose no
Ano 2008 a 5000 prazas, no
Ano 2009 a 1949 prazas, pero a reducción máis drastica produciuse no
Ano 2010 con 369 prazas convocadas.
Aínda así seguen sendo unhas oposicións interesantes xa que ata o de agora se convocaron todos os anos.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|
POLICA ESCALA BÁSICA
|
153 PRAZAS Oposición Libre
|
Título de Graduado en Educación Secundaria o Equivalente
|
Publicación oferta no BOE do 1 de marzo de 2011
|
|
POLICIA ESCALA EJECUTIVA |
75 PRAZAS Oposición Libre |
Titulación Universitaria |
Publicación oferta no BOE do 1 de marzo de 2011
|