981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

Policía Local

Inicio / Policía Local
I

PRÓXIMA OFERTA CONXUNTA EN GALICIA DAS OPOSICIÓNS DE POLICIA LOCAL

Ante a próxima OFERTA DE PRAZAS CONXUNTAS DE POLICIA LOCAL A NIVEL DE GALICIA e coa previsible taxa de reposición do 100% ou incluso eliminando a taxa de reposición, o que pode supoñer unha convocatoria de moitas prazas:

COMEZAMOS GRUPOS DE PREPARACIÓN:

  • 4 DE ABRIL A CORUÑA.

QUE CHE OFRECEMOS ?

  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados con referencias lexislativas.
  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, tendo superada a oposición. En algún caso foron membros de Tribunais de oposición de Policía Local.
  • Preparador parte Teórica: Policía Local en activo, Licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas, e ampla experiencia na                 preparación de oposicións de Policía Local.
  • Preparación Parte Física: Funcionario en activo, Licenciado en INEF, ampla experiencia na preparación de oposicións de Policia Nacional, Policía Local e Garda Civil. Preparación no pavillón de Riazor.
  • PLANIFICACIÓN:  A comezo de curso entregarémosche un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición, datas de realización dos simulacros…
  • AVALIACIÓN DO RENDEMENTO:  A través das clases e dos distintos simulacros, farase un seguimento personalizado de cada alumno/a obtendo así un maior rendemento de cada opositor.
  • MATERIAL COMPLEMENTARIO: Entrega de referencias bibliográficas, documentos complementarios o que permite coñecer ao opositor cal é a realidade na que se vai a desenvolver e sobre a que se vai a examinar.
  • FORMACIÓN ON LINE: A formación compleméntase con materiais a través da nosa plataforma on line.
  • COMPROMISO: A seguridade no noso traballo e compromiso co alumnado lévanos a que asinemos un “contrato” no momento en que o opositor/a comece a preparación, no que nos comprometemos a levar a cabo o que publicitamos.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a unha semana de clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas clases.
  • MATRÍCULA E MENSUALIDADE GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 31 de marzo de 2017 terá matrícula gratuíta.

 

 

O feito de obter unha PRAZA NUN PROCESO SELECTIVO da Administración:

  • Asegúrache un futuro laboral estable.
  • Dáche a posibilidade de poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal
  • Permíteche contribuír co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.

 

PERO TEN EN CONTA QUE:

“Preparar unha oposición é unha tarefa difícil, complexa e longa, para a cal tes que estar comprometido/a e concienciado/a e onde en moitas ocasións vaste poñer ao límite das túas posibilidades.

Pero con traballo e esforzo máis tarde ou máis cedo o éxito chega e ese instante permanecerá inesquecible na túa memoria coma unha experiencia vital de loita, superación e satisfacción.”


INFORMACIÓN DE PRAZAS DE POLICIA LOCAL:

POLICIA LOCAL A CORUÑA

POLICIA LOCAL A LARACHA

PRAZAS POLICIA LOCAL SADA

PRAZAS POLICIA LOCAL CARBALLO

PRAZA POLICIA LOCAL MONFORTE

CARACTERISTICAS XENÉRICAS DA OPOSICIÓN DE POLICIA LOCAL.

(A modo meramente informativo)

Requisitos

Para poder participar no proceso selectivo é necesario reunir os seguintes requisitos:

a)Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario do grupo C1.

b) Superar os 18 anos de idade.

c) Ter a nacionalidade española.

d) Non ter sido condenado por delito doloso, nin estar inhabilitado para o exercicio da función pública, nin separado do servizo nas Administracións Públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

e) Estar en posesión dos permisos de condución das clases A2 e B na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes comprometéndose, mediante declaración, a mantelos vixentes mentres permanezan en situación de servizo activo no Corpo da Policía Local.

f) Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. Este requisito comprobarase inmediatamente antes do comezo do exercicio das probas físicas.

g) Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, no seu caso, chegar a utilizalas, nos casos e circunstancias legalmente establecidas, que se prestará mediante declaración xurada do aspirante, achegando a mesma á instancia no momento de presentala.

h) Acreditar a aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos da oposición que se especifican, o cal non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

A oposición constará de cinco exercicios, obrigatorios e eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ao seguinte os que non acadaran a cualificación mínima establecida para cada un deles e pola orde que se sinala a continuación. Desde a finalización dunha proba ata o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de corenta e oito horas.

Os aspirantes concorrerán provistos do seu DNI e dos medios materiais necesarios para a práctica das proba, e serán convocados en chamamento único para cada unha das probas, quedando excluídos da selección os que non comparezan, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo Tribunal. Cando proceda, a orde de actuación dos aspirantes será alfabético.

Primeiro exercicio.- Proba de Avaliación de Coñecementos dos aspirantes sobre os contidos do temario que se inclúe no Anexo I.-

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización. A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso conseguir cinco puntos como mínimo.

A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N = (A-F/3)/10. Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas falladas ou non contestadas.

Segundo exercicio.- Proba de Coñecemento da lingua galega.-

Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, nun tempo máximo de 1 hora. Os textos serán elixidos polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba. Esta proba, dirixida á comprobación por parte do tribunal de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, cualificarase como apto ou non apto. Aos aspirantes que estivesen en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA IV ou equivalente daráselles por superada a proba coa cualificación de apto.

Terceiro exercicio.- Probas físicas.-

Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura dos aspirantes, quedando eliminados os que non consigan a estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas de velocidade, de resistencia xeral e de natación, e alcanzar ou superar os mínimos das probas de potencia de tren superior e de potencia de tren inferior.

Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte. Establécense diferentes marcas para cada sexo. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva si así o considera o Tribunal cualificador. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución, no resto permitirase unha segunda tentativa cando na primeira non se obteña a cualificación de apto.

Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos. Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar sinalado, podendo realizar a saída de pé ou agachado, sen utilizar tacos de saída. As marcas máximas esixidas para a superación da proba son: Homes: 7,40 segundos Mulleres: 8,20 segundos

Proba de potencia de tren superior: Os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

Flexións de brazos Realizarase en ximnasio ou campo de deportes. Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans espidas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos. A flexión completa realizarase de maneira que a barbadela asome por riba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o abalo do corpo ou a axuda con movementos das pernas. Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo esixible é de 10 flexións. Suspensión en barra. Realizarase en ximnasio ou campo de deportes. O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, agarrada coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, barbadela situada por arriba da barra e sen ter contacto con ela. O tempo mínimo esixido para a superación da proba é de 52 segundos.

Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal. Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e, coa superficie axeitada para efectuar a medición das marcas. O aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura. Realizará un salto horizontal caendo cos dous pés ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída até a marca do apoio de caída máis próximo á liña. As marcas mínimas esixidas (en centímetros) para a superación da proba son: Homes: 210 cm Mulleres: 185 cm 3º.4 Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos. Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chá de terreo compacto. O aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé. Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira. As marcas máximas (en minutos) esixidas para a superación da proba son: Homes: 3 minutos 30 segundos Mulleres: 4 minutos 10 segundos

Proba de natación: 25 metros estilo libre. Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer xiros. O aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, debendo permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída. Unha vez que se dea o sinal de saída, os aspirantes, ben en inmersión ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión. As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son: Homes: 24 segundos Mulleres: 28 segundos

Cuarto exercicio.- Probas psicotécnicas.-

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado. Terán que efectuarse e valorarse por persoal especialista.

A cualificación global será de apto/non apto.

a) Proba de intelixencia. Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

b) Probas de personalidade. As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade. Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento á tensión e motivación polo traballo policial. Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico dos candidatos. Deste xeito, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse, ademais, os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de tensións ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

Quinto exercicio.- Proba de recoñecemento médico.-

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións policiais propias do posto de traballo. Cualificarase como apto/non apto. A os efectos da exclusión do aspirante, terase en conta o seguinte: Obesidade-Delgadeza. Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo. Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9.

Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da talla expresada en metros. Calquera enfermidade, padecimiento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais. Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes. As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico

Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR