981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

Penitenciarias

Inicio / Penitenciarias
I
CORPO DE AXUDANTES II. PENITENCIARIAS

CONVOCATORIA E OFERTA 2017 (pendente de publicación no BOE)

GRUPOS DE PREPARACIÓN EN SANTIAGO E A CORUÑA.

FUNCIÓNS:
http://www.institucionpenitenciaria.es/web/portal/administracionPenitenciaria/recursosHumanos/ayudantes.html

 

GRUPO PREPARACIÓN AVANZADA PARA CONVOCATORIA DE 2017. DIRIXIDO A PERSOAS QUE XA SE PRESENTARON EN CONVOCATORIAS ANTERIORES NO CENTRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

 

Proba dúas clases sen compromiso e se te matriculas no mes de marzo obtén importantes descontos. Infórmate!

 

 

REQUISITOS

Para ser admitido á realización das probas selectivas de ingreso no Corpo de Axudantes de Institucións Penitenciarias os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato ou Técnico ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non ter sido condenado por delito doloso a penas privativas de liberdade maiores de tres anos, a menos que se houbera obtido a cancelación de antecedentes penais ou a rehabilitación.
  • Nacionalidade española.

 

PROCESO SELECTIVO

O proceso selectivo constará dunha fase de oposición con tres probas de carácter eliminatorio, curso selectivo e período de prácticas.

PRIMEIRO EXERCICIO:

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 150 preguntas con catro respostas múltiples, que versará sobre o contido completo do programa, sendo unha sola a correcta, tendo todas elas o mesmo valor, pudendo preverse tres preguntas adicionais de reserva, que serán valoradas no caso de que se anule algunha das 150 preguntas anteriores. As contestacións erróneas penalizaranse cun terzo do valor dunha contestación.

Esta proba cualificarase cunha puntuación de 0 a 20 puntos, sendo preciso obter un mínimo de 10 puntos para acceder ao exercicio seguinte.

SEGUNDO EXERCICIO:

Consistirá en resolver por escrito sobre 10 supostos de carácter práctico, cinco preguntas con catro respostas múltiples por cada suposto, que versará sobre o contido completo do programa, sendo unha sola a correcta, tendo todas elas o mesmo valor. As contestacións erróneas penalizaranse cun terzo do valor dunha contestación

Esta proba cualificarase cunha puntuación de 0 a 20 puntos. Os aspirantes deberán obter un mínimo de 10 puntos para superalo.

TERCEIRO EXERCICIO: PROBA DE APTITUDE MÉDICA.

Esta proba está dirixida a comprobar que non se aprecia nos aspirantes ningunha causa de exclusión médica, segundo se estableza na convocatoria.

As probas médicas realizaranse baixo a supervisión do persoal facultativo da administración do Estado, que a autoridade convocante designe, realizaranse nas dependencias sanitarias que se indiquen coa publicación dos resultados do segundo exercicio.

A proba médica realizarase en cantas sesións sexan necesarias.

Os aspirantes serán cualificados como “aptos” ou ” non aptos”.

A cualificación final da fase de oposición virá determinado pola suma total das puntuacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio.

O tribunal non poderá aprobar un número superior de aspirantes ao número de prazas convocadas.

CURSO SELECTIVO E PERIODO DE PRÁCTICAS

Estará regulado pola Resolución do Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias. Este establecerá un calendario así como o programa no que se incluirá un módulo en materia de igualdade entre mulleres e homes e outro en materia de violencia de xénero. Dito curso selectivo non será superior a tres meses.

O curso selectivo cualificarase como “Apto” ou “Non Apto”.

O período de prácticas será avaliado e cualificado de “Apto” ou “Non Apto”. A duración do mesmo non será superior a dezaoito meses.

 

TEMARIO

ORGANIZACIÓN DO ESTADO, DEREITO ADMINISTRATIVO XERAL,  XESTIÓN DO PERSOAL E XESTIÓN FINANCIEIRA.

 

  1. 1.        A Constitución Española de 1978: Principios xerais, estrutura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. Funcións constitucionais do Rei. As Cortes Xerais. A elaboración das leis. O Valedor do Pobo. Nomeamento e “status”. Competencias.

 

  1. 2.        O Poder Xudicial. A organización xudicial. Actuacións xudiciais. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional: Composición e atribucións. O Ministerio Fiscal.

 

  1. 3.        O Goberno: O Consello de Ministros, o Presidente do Goberno, os Ministros, outros membros. A Administración periférica do Estado: Os Delegados do Goberno, Subdelegados do Goberno e Directores Insulares, breve referencia as súas competencias.

 

  1. 4.        A Organización Territorial do Estado: A ordenación do territorio do Estado na Constitución actual. Institucións Fundamentais das Comunidades Autónomas: A Asemblea; o Presidente e o Consello de Goberno; o Tribunal Superior de Xustiza. Comunidades Autónomas. Competencias das mesmas en materia penitenciaria.

 

  1. 5.        A Unión Europea. Tratados orixinarios e modificativos. As Institucións Comunitarias: O Parlamento, O Consello Europeo, A Comisión, O Tribunal de Xustiza, O Tribunal de Contas, O Banco Central Europeo. Efectos da integración europea sobre a organización do Estado español.

 

  1. 6.        Estrutura Orgánica do Ministerio do Interior. A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias. Entidade Pública Estatal de Traballo Penitenciario e Formación para o Emprego: organización e competencias.

 

  1. 7.        O Persoal de Institucións Penitenciarias: os diferentes corpos de funcionarios. O Corpo de Axudantes de Institucións Penitenciarias: Funcións xerais e funcións a desempeñar nas distintas unidades de servizo. Persoal en réxime de dereito laboral.

 

  1. 8.        Réxime xurídico do persoal ao servizo das Administracións Públicas. O Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Dereitos e deberes do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Réxime de incompatibilidades. A responsabilidade disciplinaria: Faltas, sancións e execución das mesmas. Prescrición e cancelación.

 

  1. 9.        O acceso ao emprego público: Principios reitores e requisitos xerais. Sistemas selectivos. A adquisición e perda da condición de funcionario público. A provisión dos postos de traballo.  As situacións administrativas dos funcionarios.

 

  1. 10.      Os contratos do Sector Público: Conceptos e clases. Procedemento de adxudicación. O seu cumprimento. A revisión de prezos e outras alteracións contractuais. Incumprimento dos contratos do sector público.

 

  1. 11.     Lei 45/2015, de 14 de outubro, do Voluntariado. Obxecto. Ámbito de aplicación. Concepto de voluntariado: dereito e deberes. Relacións entre os voluntarios e as organizacións nas que se integran. Medidas de fomento do voluntariado.

 

  1. 12.     Políticas Públicas. Políticas sociais de igualdade de xénero. Políticas contra a violencia de xénero. Políticas de integración das persoas con discapacidade. Réxime xurídico da Dependencia: Lei 39/2006, de 14 de decembro de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia. Normativa vixente. Administración Electrónica.

 

  1. 13.     A lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Obxecto da Lei. O dereito de acceso dos cidadáns á información pública. O Consello de Transparencia e Bo Goberno.

 

  1. 14.     A actividade das Administracións Públicas. Normas xerais de actuación: Dereitos e obrigas das persoas nas súas relacións coa Administración Pública. Rexistro e arquivos. Obriga de resolver. O silencio administrativo.

 

  1. 15.      As fontes do dereito administrativo. O principio de legalidade na actuación administrativa. A xerarquía das fontes. O acto administrativo: Concepto, clases e elementos. Eficacia e validez dos actos administrativos. Recursos administrativos. Revisión, anulación e revogación.

 

  1. 16.     O Réxime Xurídico das Administracións Públicas. O Procedemento Administrativo Común: Garantías e fases. O procedemento administrativo sancionador.

 

  1. 17.     O orzamento: concepto. Principios orzamentarios. O orzamento do Estado en España: Concepto e estrutura. O orzamento como instrumento de planificación económica: aspectos xerais das leis de estabilidade orzamentaria

 

DEREITO PENAL

 

  1. 1.        Dereito Penal: Concepto, contido e fontes. O poder punitivo do Estado. Concepto e límites. As garantías penais e da aplicación da Lei Penal. O Código Penal Español: estrutura e contido.

 

  1. 2.        Delitos e faltas: Concepto e clases. Grados de execución. Formas de resolución manifestada. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

 

  1. 3.        Das persoas criminalmente responsables dos delitos.  As penas: concepto e fins. As súas clases e efectos. As penas privativas de liberdade e o seu desenvolvemento histórico. Especial referencia á nova pena de prisión permanente revisable.

 

  1. 4.        Das formas de suspensión da execución das penas privativas de liberdade: As penas privativas de dereito. Especial referencia á pena de traballos en beneficio da comunidade. As medidas de seguridade: clases e aplicación. Medidas de seguridade competencia da Administración Penitenciaria. Extinción da responsabilidade criminal.

 

  1. 5.        O homicidio: concepto e formas. Lesións. Delitos contra a liberdade: a detención ilegal e os secuestros. As ameazas. As coaccións.

 

  1. 6.        Das torturas e outros delitos contra a integridade moral. Delitos contra a liberdade e indemnidade sexuais. Delitos contra o honor: calumnia e inxuria.

 

  1. 7.        Delitos contra o patrimonio e contra a orde socio-económico. Furtos. Roubos. A extorsión. As defraudacións. Los danos. A receptación.

 

  1. 8.        Delitos contra a saúde pública. As falsidades: Falsificación de documentos públicos e oficiais. A usurpación de funcións públicas e o intrusismo.

 

  1. 9.        Delitos contra a Administración Pública. Prevaricación. O abandono de destino e a omisión do deber de perseguir delitos. Da desobediencia e denegación de auxilio.

 

  1. 10.       Da infidelidade na custodia de documentos e da violación de secretos. Do suborno. Tráfico de influencias. A malversación. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e dos abusos no exercicio da súa función.

 

  1. 11.       Delitos contra a Administración de Xustiza. Especial referencia ao quebrantamento de condena.

 

  1. 12.       Delitos contra as Institucións do Estado e a división de poderes. Especial referencia á usurpación de atribucións. Delitos relativos al exercicio dos dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dos delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais. Atentado. Resistencia. Desobediencia.

 

  1. 13.      A xurisdición penal. O proceso penal: Concepto, obxecto e tipos. As partes no proceso penal. Os actos procesuais con especial referencia ás medidas cautelares que supoñen privación de liberdade e ás resolucións xudiciais.

 

  1. 14.      O denominado procedemento ordinario: Principios fundamentais, ámbito de aplicación e fases. Procedemento abreviado. Especial referencia ao procedemento de “Habeas Corpus”.

 

  1. 15.       Teoría xeral dos recursos. Os recursos de reforma, apelación, súplica, queixa, casación, revisión e amparo.

 

DEREITO PENITENCIARIO

 

  1. 1.        A regulación supranacional en materia penitenciaria: Convenios, Tratados, Pactos, Declaracións e Recomendacións. Especial referencia aos acordos sobre traslados de persoas condenadas. Organismos de vixilancia e control. Especial consideración da labor das Nacións Unidas e do Consello de Europa. A lei 23/2014, de 20 de novembro, de recoñecemento mutuo de resolucións penais na Unión Europea

 

  1. 2.        O dereito penitenciario: concepto, contido e fontes. Breve referencia á evolución histórica da lexislación penitenciaria en España. A normativa penitenciaria vixente. As liñas xerais da execución no noso ordenamento fixadas polo artigo 25.2 da Constitución.

 

  1. 3.        A relación xurídico-penitenciaria: Natureza y fundamento. Dereitos de los internos: Clases e límites, sistema de protección e réxime de garantías. Deberes dos internos.

 

  1. 4.        Prestacións da Administración Penitenciaria: Asistencia sanitaria. Hixiene e alimentación. A asistencia relixiosa. A Acción Social Penitenciaria.

 

  1. 5.        O Réxime Penitenciario I: Concepto e principios inspiradores. Normas xerais na organización dun Centro Penitenciario. O ingreso. As relacións co exterior: Comunicacións, visitas e paquetes. A participación dos internos nas actividades. A información, queixas, recursos. As conducións e traslados nos seus diferentes modalidades.

 

  1. 6.        O Réxime Penitenciario II: a seguridade nos Establecementos Penitenciarios. A seguridade exterior: Competencia e fins. A seguridade interior: Principios xerais, medidas preventivas e medidas de control. Os medios coercitivos e a súa aplicación.

 

  1. 7.        Clasificación dos distintos tipos de establecementos e as súas características. O Réxime Ordinario: Principios  xerais e características. O Réxime de preventivos.

 

  1. 8.        O Réxime Cerrado: criterios de aplicación e características. Modalidades. O Réxime Aberto: Obxectivos, criterios de aplicación e centros de destino.

 

  1. 9.        O Tratamento Penitenciario I: Concepto, fins e principios inspiradores. A separación interior. A clasificación en grados. O principio de individualización científica. A Central Penitenciaria de Observación. A observación do interno: O papel dos funcionarios do servizo interior.

 

  1. 10.     O Tratamento Penitenciario II: elementos e programas de tratamento. A formación, a cultura e o deporte como elementos dos diferentes programas de tratamento. A necesaria colaboración réxime-tratamento para a execución dos programas.

 

  1. 11.     A relación laboral no medio penitenciario: Características. Os distintos tipos de traballo no medio penitenciario. Extinción e suspensión da relación laboral. A Entidade Pública Estatal de Traballo Penitenciario e Formación para o Emprego. Xestión de nóminas e seguridade social dos internos traballadores.

 

  1. 12.     Os permisos de saída: Concepto e natureza. Clases, duración e requisitos. Procedemento para su concesión.

 

  1. 13.     Liberdade e excarceración nas distintas formas. O procedemento de expulsión de estranxeiros. Suspensión da execución do resto da pena e concesión da liberdade condicional: Requisitos para a súa concesión e revogación. Mecanismos de control desta situación. Os beneficios penitenciarios e as súas clases.

 

  1. 14.     Formas especiais de execución da pena de prisión: Modos de internamento, características e criterios para a súa asignación. O cumprimento da pena de prisión permanente revisable.  O cumprimento da pena de traballo en beneficio da comunidade. As suspensións de condenas. O cumprimento da pena de localización permanente. Os Servizos de Xestión de Penas e Medidas Alternativas.

 

  1. 15.     O Réxime Disciplinario: Principios xerais e ámbito de aplicación. Clasificación das faltas e determinación das sancións. Procedemento sancionador. Executoriedade. Prescrición e cancelación. As recompensas.

 

  1. 16.     O control da actividade  penitenciaria polo Xuíz de Vixilancia: Normativa vixente. Atribución de competencias. Cuestións procesuais. Os recursos contra as súas resolucións.

 

  1. 17.     O modelo organizativo penitenciario: Estrutura e réxime xurídico. Órganos Colexiados: composición e funcións. Órganos Unipersoais: Director, Subdirectores, Administrador, Xefes de Servizos. Atribucións e horarios.

 

  1. 18.     O Réxime Administrativo dos Establecementos Penitenciarios I: A oficina de xestión penitenciaria: Organización. O expediente persoal do interno: estrutura, documentos e os trámites administrativos. Sentencias e liquidación de condena: cálculos e datas de cumprimento. Documentación e procedementos da xestión de tratamento. O expediente persoal dos penados a penas e medidas alternativas. Documentación. Trámites e procedemento de xestión.

 

  1. 19.     O Réxime Administrativo dos Establecementos Penitenciarios II: Funcionamento administrativo da oficina de servizo interior. Redacción de partes disciplinarios, de reconto e outros. Realización de trámites relativos ás unidades de servizos de: acceso, anciño, comunicacións e visitas, ingresos e saídas, recepción e saída de paquetes e encargos. A oficina de identificación: obtención e clasificación dos dactilogramas.

 

  1. 20.     O Réxime Económico dos Establecementos Penitenciarios: Principios xerais e réxime patrimonial. Contabilidade xeral. As contas orzamentarias e extrapresupuestarias. Xestión de almacéns. As formas de xestión dos servizos de economatos, cociñas, alimentación e vestiario. O peculio de los internos: formas de gestión. Las pertenencias de los internos: Administración y custodia. La oficina de habilitación: Gestión de nóminas y seguridad social de los empleados públicos. Inventario general de equipamiento, utensilio y mobiliario en un Centro Penitenciario.

 

CONDUTA HUMANA

 

  1. 1.        Elementos da conduta humana: Estímulos e respostas. Reforzo e castigo. Técnicas de avaliación da conduta humana. A observación, a auto-observación, o auto-registro, os auto-informes e os rexistros psicofisiolóxicos. A integración dos datos da avaliación e a realización de informes.

 

  1. 2.        Organización social na prisión: Control formal e informal. Código do recluso, xerga e linguaxe. Subculturas carcelarias. Fenómenos de hacinamento e conduta do recluso. Efectos psicolóxicos da reclusión. Factores determinantes. Consecuencias físicas e psicosociais. Prisionización e socialización.

 

  1. 3.         O comportamento social. O concepto de asertividade. Habilidades sociais. Avaliación e medida das habilidades sociais e os seus déficits. Programas de adestramento en habilidades sociais e a súa aplicación ao ámbito penitenciario. A conduta aditiva en prisión.

 

NOTAS DE INTERESE

 

OFERTA ANO 2015:

 

OFERTA ANO 2014:

 

NOTAS DE INTERESE

ANO 2016 – 538 PRAZAS

CONVOCATORIA:

http://www.institucionpenitenciaria.es/web/portal/administracionPenitenciaria/recursosHumanos/2016/AYUDANTES-2016/BASES_AYUDANTES_2016.pdf

 

Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR